Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 02 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Salvaterra renova luminarias antigas por led

Co fin de mellorar rede de alumeado público, de ser máis eficientes e levar a cabo unha renovación importante da extensa rede existente, o Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Concellos e por un valor de máis de 14.000€, ven de renovar luminarias antigas por led, novos brazos metálicos, postes de formigón e cableado en varios puntos, en Burguete e A Serralleira en Corzáns, A Carqueixa en Fiolledo e A Roda en Meder.

 

Esta acción únese as levadas a cabo tanto no Centro Urbano como en outras parroquias por parte do Concello. Ademais está en tramitación un proxecto de máis de 2 millóns de euros para o cambio a led de todas as parroquias.

 

Estas melloras feitas a través do Plan Concellos encáixanse dentro das liñas  do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible deste Concello. Acción que consiste na instalación de 34 novos puntos led exterior de 30W de potencia, que axudan a baixar o consumo, 22 novos brazos galvanizados e demais material necesario para modernizar e adaptar a liña.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.