Mos
Iniciada a mellora da Pista de San Eleuterio
A obra, que estará rematada nun mes, ten un orzamento total de preto de 45.000 euros e conta con subvención autonómica de 31.000 euros
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Deportes, José Areal, informaron de que fai unha semana que se iniciou a mellora da pista polideportiva de San Eleuterio. Polo de agora realizáronse labores de limpeza e retirada de vallas para a posterior acometida da optimización da instalación deportiva, que se prevé quede rematada no prazo dun mes.
Para a devandita mellora a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos unha subvención de preto de 31.000 euros.
O importe total do proxecto ascede a 44.198,5 euros, dos cales a Xunta achega unha axuda de 30.938,95 € e os 13.259,55 € restantes serán aportación do Concello de Mos con fondos propios municipais.
A obra estará rematada aproximadamente no prazo dun mes. Consiste en traballos de mellora da pista polideportiva da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, coa finalidade de renovar os pavimentos, os elementos de peche e protección, así como os elementos vinculados ao desenvolvemento da actividade deportiva.
As obras abarcan os conceptos seguintes: Limpeza do pavimento da Pista Polideportiva. Limpeza dos muretes perimetrais da Pista Polideportiva. Desmonte do Peche Perimetral da Pista para a súa substitución. Pavimentación da Pista Polideportiva sobre o pavimento actual. Pintado do murete perimetral e dos xogos sobre o pavimento. E reposición do peche perimetral.
Como se dixo, os traballos comezaron procedendo a desmontar o peche perimetral da pista polideportiva, así como a retirada dos elementos deportivos que forman parte do mobiliario. Levouse xa a cabo a limpeza do pavimento da pista así como dos muretes perimetrais con lanza de auga a presión.
Sobre o pavimento actual, unha vez levados a cabo os traballos de limpeza, procederase á aplicación do pavimento multicapa acrílico- epoxi, así como ao marcado das pistas de baloncesto, balonmán e fútbol sala. Da mesma maneira, pintaranse os muretes perimetrais con pintura ao cemento.
Por último dotarase á pista polideportiva de dúas porterías en substitución das existentes. Repoñerase o peche perimetral a base de malla metálica de simple torsión, con acabado plastificado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149