Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 01 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Rueda destaca que o Plan Hurbe dará un novo pulo ao “fermosismo”

O presidente da Xunta inaugurou as obras de humanización na contorna da igrexa de San Mamede de Torroso (Mos) realizadas ao abeiro do Plan Hurbe

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe en Mos que os 7 millóns de euros do Plan Hurbe previstos para este ano darán un novo pulo ao “fermosismo” e afondarán na colaboración institucional en materia urbanística.

 

O titular do Goberno galego, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprobou as melloras que se levaron a cabo na contorna da igrexa de San Mamede de Torroso cunha inversión de 315.000 euros que permitiron actuar en 2.700 metros cadrados para, entre outras cuestións, substituír o asfalto por pavimento de pedra, renovar o alumeado público ou levar a cabo a drenaxe do espazo e das zonas axardinadas.

 

Rueda puxo en valor a colaboración entre administracións que, neste caso, permitiu abondar no “fermosismo” de Mos cunha actuación que a Xunta financiou co 70 % de custe e o Concello co 30% restante. “A colaboración sempre dá bos froitos e o Plan Hurbe é un instrumento que o facilita”, indicou en referencia a un programa especialmente relevante no rural, onde promove humanizacións para o desfrute dos cidadáns que “paso a paso permiten mellorar o respecto pola paisaxe en todo o país”.

 

Entre os anos 2010 e 2021, a Xunta colaborou no financiamento de máis de 360 intervencións urbanísticas, cun investimento global que supera os 155 millóns de euros.

 

No presente ano deuse un novo pulo a esta iniciativa coa reserva de 7 millóns para recuperar equipamentos municipais e mellorar a integración paisaxística das contornas urbanas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.