Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta lembra a Antonio Palacios a través dun campo de voluntariado

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe estas dúas actividades enmarcadas na campaña de verán máis alta da historia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os sete mozos e mozas de entre 18 e 30 anos do campo de voluntariado Ruta de Palacios no concello do Porriño. Os participantes desenvolven actividades culturais así como a organización de visitas guiadas polo casco histórico do concello, para poñer en valor a vida e obra do arquitecto Antonio Palacios, natural do municipio.

 

Ademais, dende o 26 de xullo ata este sábado 6 de agosto, os voluntarios realizan outras actividades como talleres de fotografía aérea e manexo de drons, rutas en caiac ou excursións como ás Pozas de Melón ou á praia fluvial de Mondariz. Así, a través deste campo de voluntariado cultural os participantes desfrutan da contorna do propio concello ao mesmo tempo que salientan o seu valor.

 

A directora xeral tamén aproveitou para visitar o campo de voluntariado Aldea Alfacuca do concello de Mos. Localizado nunha aldea restaurada con edificacións datadas de 1670, 10 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos desenvolven actividades como a creación dunha horta biointensiva, un composteiro para uso veciñal ou o deseño dun pequeno museo etnográfico, entre outras prácticas relacionadas coa natureza. Tamén dispoñen dunha programación para impulsar a convivencia a través de celebracións e festas.

 

Oferta máis ampla da historia
Así mesmo, Cristina Pichel tamén lembrou que a oferta da campaña de verán que se está a desenvolver este ano é a máis alta e variada da historia, ao contar con máis de 10.800 prazas, tres mil máis que o ano pasado e mil máis que antes da pandemia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.