GALICIA
As medidas da Xunta destinadas a axudar as familias en colaboración coas entidades sociais e locais de Galicia
Contará cun investimento de preto de 33 M€ e nelas inclúese a orde de axudas a entidades con cargo ao 0,7% do IRPF, á que este ano se destinarán 19,1M€
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor a aprobación onte no Consello da Xunta dun paquete de medidas destinadas a axudar ás familias en colaboración coas entidades sociais e locais de Galicia. O titular do Executivo galego informou de que este conxunto de convocatarias contarán cun investimento de preto de 33 millóns de euros para impulsar programas e iniciativas vinculados co ámbito da atención aos colectivos máis vulnerables.
Entre estas medidas, Rueda informou da aprobación da orde de axudas con cargo á casilla social do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que este ano distribuirá 19,1 millóns de euros para financiar programas de carácter social impulsados polas entidades sociais de Galicia. As axudas financiarán gastos correntes deste tipo de programas e tamén está previsto financiar gastos de investimento referidos a obras de equipamento, rehabilitación ou adquisición de vehículos adaptados.
Trátase da parte dos fondos que xestiona a Consellería de Política Social e Xuventude e que irán destinados a programas relacionados co ámbito dos maiores, das persoas con discapacidade, da infancia, da mocidade e da inclusión social
Esta partida corresponde á parte dos fondos que xestiona a Consellería de Política Social e Xuventude e aos que se engadirán outros xestionados pola Secretaría Xeral de Igualdade e pola Consellería de Sanidade. Os programas que se poderán financiar serán polo tanto aqueles dirixidos a asistencia a persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia e mocidade, así como programas que favorezan o voluntariado e a inclusión social.
Atención a maiores e discapacidade
Entre as medidas incluídas, o presidente da xunta tamén salientou a nova orde de axudas para a construción ou rehabilitación de centros de atención de iniciativa social. Contará cun investimento de 13 millóns de euros e permitirá a construción de novos equipamentos de atención a persoas maiores e persoas con discapacidade, así como a obras de mellora e adquisición de equipamento que busquen a modernización de centros existentes.
Finalmente, Rueda tamén informou da inclusión neste paqueste de medidas dun convenio de colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco para o desenvolvemento do programa Xacobeando. Este proxecto pioneiro de voluntariado internacional comezou a andar o pasado mes de xullo e reunirá ata o mes de outubro a 80 mozos de oito países europeos en distintas rutas do Camiño de Santiago. Concretamente de Letonia, Lituania, Estonia, Grecia, Eslovaquia, Italia, Portugal e do resto de España. Segundo avanzou, este convenio conta cunha partida orzamentaria de máis de 300.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217