Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 07 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

O Son do Pazo volve traer a Mos a mellor música folk e tradicional

Caldo y Os Rabizos, Xurxo Fernandes, Caamaño&Ameixeiras ou Ailá son algúns dos grupos incluídos no cartel deste ano

O Festival Intercéltico O Son do Pazo recupera, na súa sétima edición, o seu formato habitual na contorna do Pazo de Mos. Tras unha edición condicionada polas restricións sanitarias en 2021, este ano o acceso ao recinto volverá ser libre e gratuíto para todo o público, que poderá gozar da música de bandas e artistas de referencia da escena folk e “tradi” actual. A música empezará a soar o venres 2 de setembro, ás dez da noite, da man da banda de gaitas anfitrioa, Airiños do Castelo, que dará paso as actuacións de Faíscas da Pontraga e Caldo y Os Rabizos, unha banda procedente do occidente asturiano que traerá a Mos o repertorio tradicional das terras do Eo-Navia.


O sábado 3 de setembro a festa prolongarase durante toda a xornada cunha programación pensada para todas as idades. A mediodía, en horario de sesión vermú, o público infantil terá a oportunidade de cantar e bailar co espectáculo de Pakolas e Abril levará a súa música á carpa do festival. A organización ofrecerá a posibilidade de xantar no propio recinto e a partir das 16:30 horas, Os Charangaitos encargaranse de amenizar a sobremesa. O seu pasarrúas precederá ao obradoiro de baile tradicional, aberto á participación de todas as persoas interesadas, que nesta ocasión dirixirá o mestre lucense Xabi Iglesias. Xa pola noite, a música volverá ao escenario principal do Son do Pazo, polo que pasarán a banda de gaitas de Herville, o dúo Caamaño&Ameixeiras, Xurxo Fernandes co seu espectáculo ‘Levaino!’ e Ailá, que se encargarán de pechar a festa por todo o alto co seu repertorio bailable e animado.

 

 

 

 

O sábado haberá sesión vermú con Pakolas e Abril e pola tarde, obradoiro de baile da man de Xabi Iglesias antes dos concertos

 

 

 


Entidades colaboradoras
Na presentación do evento, xunto á comisión organizadora, formada por membros da directiva do Centro Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos e compoñentes do grupo de baile e a banda de gaitas Airiños do Castelo, participaron ademais representantes das distintas institucións e entidades patrocinadoras. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo,agradeceu na súa intervención a colaboración da Xunta de Galicia e AGADIC e a responsable da área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, reiterou o compromiso do ente provincial coa organización do evento. O acto contou, ademais, coa participación de responsables da Comunidade de Montes e a Fundación Pazo de Mos, cuxa axuda é imprescindible para a celebración do Son do Pazo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.