PONTEAREAS
O PP solicita ao pleno melloras nas pistas de tenis da Freixa
Os populares reuníronse coa directiva do Club de Tenis Ponteareas que solicita a realización duns vestiarios na contorna das pistas
O Grupo Municipal do PP reuniuse coa actual directiva do Club de Tenis de Ponteareas para escoitar as súas necesidades e poder trasladalas ao Goberno local.
“Mantivemos unha reunión nas propias instalacións e ademais de mellorar o mantemento o que agora lles urxe é a instalación duns vestiarios. Son máis de 180 asociados, fan unha práctica deportiva e non contan cun servizo básico como podería ser uns baños e duchas. Ademais, esta instalación tamén podería ser utilizada polos visitantes que acoden á Freixa que agora mesmo, nesa zona, non contan con este servizo básico”.
Estas instalacións deportivas que son municipais, sen esa mellora non posibilita ao Club de Tenis participar nin organizar competicións de maior nivel en colaboración coa federación galega de tenis.
Os populares esixirán ao Goberno Local, na súa moción, que reserven o financiamento necesario para acometer estas obras e que constrúan uns vestiarios fixos ou móbiles segundo indique a Confederación Hidrográfica debido á proximidade co río Tea.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49