GALICIA
Un total de 48 novos científicos incorpóranse a o sistema de investigación galego
A Vicepresidencia primeira e a Consellería de Educación veñen de resolver as axudas de apoio á formación inicial, a través das cales se formalizan os contratos de 40 posdoutorais nas universidades galegas e oito noutros organismos públicos do sistema de I+D+i galego
Un total de 48 novos científicos incorpóranse ao sistema galego de investigación nas universidades galegas así como a outros organismos e entidades de I+D+i por un período de tres anos, ata 2025, grazas ao apoio da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de axudas á etapa de formación inicial posdoutoral.
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar dúas resolucións da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades polas que se resolve a contratación de 40 investigadores posdoutorais por parte das tres universidades públicas galegas a razón de 22 na Universidade de Santiago de Compostela, 14 na de Vigo e catro na da Coruña; así como de oito investigadores contratados para entidades e organismos de I+D+i. Neste caso, tres deles incorpóranse á Fundación Profesor Novoa Santos, dous á Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, un ao Instituto de ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, un ao instituto de Investigacións Mariñas (tamén do CSIC) e outro á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
O Goberno galego destina a modalidade de apoio a etapa de formación posdoutoral un orzamento total de 7,4M€, cunha suba do 7,2% do orzamento con respecto á ultima convocatoria deste tipo.
Incremento de salario
Os beneficiarios acceden a un contrato de investigador de tres anos de duración e cun salario bruto anual de 32.000€, o que supón un incremento do 12% con respecto aos 28.600€ da anterior convocatoria.
O Goberno autonómico destina 7,4M€ a esta acción, un 7,2% máis de orzamento con respecto á ultima convocatoria deste tipo
Ademais do soldo base anual, por cada mes de estadía (o contrato ten unha parte flexible en Galicia e no estranxeiro), os beneficiarios reciben un complemento de 1.000 euros (Portugal ou Andorra), 1.500 euros se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América (agás Estados Unidos e Canadá) e 2.000 euros se o destino da estadía está en Estados Unidos, Canadá, Asia ou Oceanía.
Así mesmo, as persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright reciben a maiores outra contía de 500 euros brutos mensuais durante cada período de estadía en Estados Unidos.
O Goberno galego implementa un ano máis o programa de formación posdoutoral que ten por obxectivo incorporar persoal investigador ao sistema de I+D+i galego, fomentar a adquisición e perfeccionamento das súas competencias, favorecer a mobilidade internacional e posibilitar a continuación da formación de doutores co establecemento dunha liña de investigación propia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217