Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

O DOG o cambio de titularidade de varios treitos das estradas PO-331, PO-332 e PO-340

Entre os tramos que se transfiren atópanse algunhas das rúas principais da capitalidade do concello, como a rúa Ángel Urzáiz, Eduardo Iglesias ou un treito da avenida de Elduayen

A Xunta publica  no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de varios treitos antigos das estradas PO-331, PO-332 e PO-340, xunto coa súa franxa de dominio público viario asociado.

 

Entre estes tramos obxecto da transferencia atópanse algunhas das rúas principais do núcleo urbano da capitalidade do concello, como son a rúa Ángel Urzáiz, Eduardo Iglesias e un treito da avenida de Elduayen.

 

O Concello de Gondomar solicitou á Xunta a transferencia dos tramos antigos das citadas estradas autonómicas, que suman algo máis de 2 quilómetros.

 

 

 

 

A entidade local terá competencia para actuar nestes tramos, que suman algo máis de 2 km, e asumirá a responsabilidade da súa conservación e mantemento

 

 

 

 

Estes treitos carecen de funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas de Galicia, polo que reúnen as condicións necesarias para que a súa titularidade lle sexa transferida ao Concello de Gondomar.
A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

 

No seguinte enlace ao Diario Oficial de Galicia pode ampliarse a información relativa a esta transferencia, aprobada na reunión do Consello da Xunta o pasado 21 de xullo: https://bit.ly/3P4X69B .


 
O decreto ten efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Polo tanto, desde mañá, o Concello de Gondomar terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.