Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O concello do Porriño aplica medidas de redución de consumo de auga

De maneira temporal, pola situación de prealerta por seca, córtase o baldeo de rúas e beirarrúas e o rego de parques e xardíns

O Concello do Porriño vén de anunciar a aplicación de máis medidas específicas para aforrar auga, en previsión de que empeore a situación de prealerta por seca que afecta á comunidade.


Atendendo á petición do Consorcio de Augas do Louro, que activou o plan de emerxencia ante a situación de seca prolongada, o municipio cortou o baldeo de rúas hai dúas semanas. Agora, de maneira inmediata, procederase ao peche dos sectores de rego en parques e xardíns, así como á detección e redución de fugas que poidan incrementar o consumo.


A escaseza prolongada de precipitacións deste ano fai del o máis seco dende o ano 1980, cun alto risco  de seca en poucos meses. Con tal motivo, ademais de aplicar as medidas a nivel municipal, dende o Concello reiteran a súa petición á poboación de facer un uso responsable da auga.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.