REDONDELA
O sector empresarial de Redondela lamenta "a falta dunha planificación urbanística"
"Na mentres as obras de humanización de Vilavella tan necesarias e demandadas polos empresarios para a revitalización da actividade comercial e hostaleira deste sector da vila avanzan dentro dos prazos previstos ainda que sempre a un ritmo menor do desexado xa se vislumbran os problemas derivados da falta de planificación urbanísca da que adolece o concello de Redondela" sinalan
O novo concepto urbanístico da Praza de Ponteareas contribuirá a revitalizar a actividade económica non só dos establecementos xa existentes na zona se non que xerará novas oportunidades de negocio e revalorizará os espazos comerciais ata o de agora baleiros. Vilavella é, ademais, punto de acceso á vila da peregrinaxe de miles de persoas que se dirixen a Santiago e que teñen como paso obrigado e punto de encontro dos camiños esta parte tan senlleira da vila de Redondela. Adicionalmente, se esta remodelación urbanística ven acompañada, tal e como se ten anunciado, dun aumento da oferta de prazas de estacionamento disuasorio os seus beneficios terán un efecto multiplicador sobre un sector máis amplo da vila.
Pero "a falta dunha planificación urbanística coherente sen ter consolidado vías circundantes que liberen ao núcleo urbano do transito de tráfico pesado xerará problemas de accesibilidade que preocupan enormemente a moitas empresas do municipio e do veciño polígono industrial de Pazos de Borbén que ten neste vieiro a súa principal vía de acceso" sinalan os empresarios.
Empresarios do sector industrial, loxístico e do transporte daranse cita a vindeira semana para abordar as medidas que sexan necesarias para atallar os perxuizos que ocasionará esta falta de planificación. A cita terá lugar na sede da Asociación de Empresarios de Redondela que aglutina as principais empresas da vila e que na última semana viuse desbordada polas protestas dos seus asociados reclamando a posta en marcha de accións que dean unha solución aos problemas que ocasionarán o proxecto e que estreita esta vía de acceso e que afectará a fluidez do tráfico e moi especialmente dos vehículos pesados que teñen que acceder necesariamente por este vieiro e incluso aos autobuses.
Na memoria dos máis vellos da vila están as tremendas colas ocasionadas no Funil, a escasos metros do lugar que hoxe será o “novo Funil de Redondela” e que ocasionará retencións, atrancos ...
A falta de planificación urbanística e a correcta cronoloxía na execución dos proxectos evitaría estar caendo sempre nos mesmos erros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148