DEPORTES
Os dez padexeiros galegos desprazados a Canadá acadan o mellor resultado da historia
A práctica totalidade dos padexeiros galegos que acadaron resultados adestran en Verducido
Os dez deportistas galegos de alto nivel (DGAN) desprazados ás augas do lago Banook en Halifax (Canadá) veñen de acadar o mellor resultado histórico de Galicia nun Mundial de Piragüismo de Sprint. En total os padexeiros galegos sumaron catro medallas -tres campionatos do mundo e un subcampionato-, catro cuartos postos e tres posicións de finalistas máis. Carlos Arévalo e Rodrigo Germade acadaron a medalla de ouro no K4 500. O padexeiro de Betanzos repetiu este domingo acadando outro ouro no K1 200. O C4 500 masculino, con tres galegos -Pablo Graña, Manuel Fontán e Adrián Sieiro- tamén se proclamou campión do mundo. Pola súa banda, Teresa Portela e Sara Ouzande, conseguiron a medalla de prata en K2 200.
Teresa Portela e Sara Ouzande, acompañadas doutra galega, Carolina Otero, lograron o cuarto posto en K4 500 feminino. A mesma sorte correu Adrián Mosquera, en Paracanoe, na modalidade VL3 200. Noel Domínguez e Diego Domínguez fixeron o propio no C2 1.000. A estes éxitos tamén hai que sumarlles tres postos de finalistas máis: Pedro Vázquez en K2 1.000, Manuel Fontán en C1 200 e Pablo Crespo en C1 1.000.
Galicia está presente no 50% de todas as medallas que conseguiu a delegación española
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, manifestou a súa ledicia por este impresionante resultado que amosa o grande potencial galego nos deportes náuticos en xeral e no piragüismo en particular. Do mesmo xeito, sinalou o excelente traballo que se está a facer na tecnificación, xa que o 85% destes padexeiros adestran no Campo de Regatas de Verducido.
O mandatario galego destacou o capital papel de Galicia no piragüismo nacional, xa que o 50% de medallas do mundial teñen acento galego, un dato que referenda que algúns dos equipos nacionais de canoa e kayak estean adestrando tamén en Verducido e certifica as grandes esperanzas galegas cara París 2024.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186