Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Xornal21.es
Sábado, 13 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Tui solicita máis de 1,6 millóns de euros para transformar o mercado municipal

O investimento previsto suporá a transformación integral da praza de abastos e a modernización e dixitalización de 300 negocios locais dotándoos de tecnoloxía e coñecemento para ser máis competitivos

Facer o noso tecido comercial e o mercado municipal máis competitivo, moderno e adaptado ás necesidades e tendencias de consumo actuais son parte dos obxectivos que persegue o proxecto de “Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui”, segundo informa o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez.


Para a execución deste proxecto o goberno municipal vén de solicitar o apoio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para obter fondos europeos  a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia na liña de “Ayudas para el apoyo a mercados, zonas urbanas comerciales, comercio no sedentario y canales cortos de comercialización” do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.


O traballo realizado nos últimos anos, tanto no que se refire á xestión económica, ao feito de contar cun plan de mobilidade, coma a adhesión a distintos programas e iniciativas coma a rede Ágora ou o Pacto das alcaldías polo Clima e a Enerxía, permiten ao Concello de Tui poder optar as distintas convocatorias das administracións estatais e europeas.


O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira, Ana Núñez, explican que o proxecto permitirá a revitalización do sector comercial do municipio. Así no mesmo inclúese a reforma integral do mercado municipal, que actualmente conta con preto de 20 postos e ocupa a máis dunha trintena de praceiros/as, a totalidade dos 286 establecementos comerciais do municipio, e o mercado non sedentario, que se celebra semanalmente os xoves, con preto de 140 postos.


O goberno local prevé un investimento de 1.677.189,47 € que contempla a reforma integral da praza de abastos coa transformación dos puntos de venda e a mellora da accesibilidade, así como a dixitalización do comercio local e accións de sostibilidade e economía circular. Tamén se completa con medidas relacionadas coa cadea de subministro e trazabilidade e actividades de formación e sensibilización.


Enrique Cabaleiro e Ana Núñez detallan que o proxecto responderá a unha planificación estudada na que, previamente, se realizou unha diagnose e se actuará dando resposta aos puntos febles e con accións puntuais de resolución de problemas.

 

Neste proxecto contémplase por unha parte a reforma do mercado municipal co obxectivo a medio prazo de obter o selo de Mercado Excelente. Para iso mellorarase a envolvente, sinalizaranse os accesos, o transporte, e as zonas interiores e exteriores. Interiormente pasará a organizarse entorno a catro prazas creando percorridos que fomentan a interacción. A zona central contará con lugares de descanso e asentos, e no perímetro ubicaranse os postos. Aproveitarase a luz natural do lucernario que se complementará con iluminación específica para as zonas principais e os produtos á venda. Crearase un espazo gastronómico, e unha área polivalente que servirá de obrador e sala de formación e degustación para acoller cursos ou charlas. Outras das melloras contempladas son a instalación de sistemas de aerotermia, illas ecolóxicas modulares para a recollida e separación de residuos, a instalación dun punto intelixente “smart lockers” (taquillas intelixentes para a recollida de produtos) e un sistema centralizado de control de quendas. Por outra parte levarase a cabo unha análise de tendencias de compra e de oferta da competencia.


As novas tecnoloxías estarán moi presentes nesta actuación xa que se prevé o desenvolvemento dun portal web e App para visibilizar e mercar no comercio local, o deseño e lanzamento de campañas publicitarias en soportes dixitais, unha plataforma colaborativa e un sistema de códigos QR para produtores locais, e a implantación de redes WIFI nos espazos e rúas comerciais. Outras actuacións serán a fabricación de packaging reutilizable para o comercio local. O mercado ambulante terá a súa propia App para a xestión administrativa e de información ao consumidor.


A formación é outra das liñas previstas coa impartición de cursos tanto dirixidos a mellorar o servizo e a experiencia cliente como na liña tecnolóxica sobre a implementación da web e da app o inglés básico comercial, ou sobre reciclado e reutilización. Os e as comerciantes e praceiros e praceiras tamén se beneficiarán dun mentoring individual para a integración dixital.


“O noso comercio será máis competitivo, ofrecerá un servizo adaptado ás necesidades reais do consumidor actual e promoverá a economía circular pero para iso precisamos a estreita colaboración e implicación de todos os emprendedores de Tui que deberán realizar un esforzo por aprender, por adaptarse e por innovar”, engaden os edís locais.


O tecido comercial de Tui vivirá unha reforma integral que responderá á demanda actual do consumidor e ás directrices mundiais dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 2030), ademais de dar cumprimento aos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías e desenvolver parte das accións da Axenda Urbana de Tui.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.