Lunes, 09 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:17:03 horas

Xornal21.es
Viernes, 12 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Un total de 655 atletas disputarán este sábado a 'XI Nigrán Area'

A proba retoma a normalidade pre-pandemia tras non celebrarse no ano 2020 e realizarse baixo medidas de seguridade Covid no 2021

Un total de 655 atletas disputarán este sábado 13 de agosto  a 11 edición da 'Nigrán Area', carreira popular de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca. A proba, con 279 inscritos na categoría 'Absoluta', está organizada polo Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Atletismo e Deporte Galego. A competición retoma a normalidade pre-pandemia tras non celebrarse no ano 2020 e realizarse baixo medidas de seguridade Covid no 2021

 

O evento deportivo arranca ás 10:00 horas e está aberto a tódalas categorías, tendo saída desde Panxón. Os sub 16 percorrerán 2 km, o sub 14 farán 1500 m, os sub 12 un kilómetrom, os sub 10 percorrerán 500 metros, os sub 8 farán 300 metros e os máis pequenos farán 100 metros de xeito simbólico.

 

O percorrido para a proba absoluta son 6 km do areal de Panxón-Praia América cando a marea está baixa. A proba conta coa supervisión da Federación Galega de Atletismo. Contará con avituallamente ao remate, servizo de ambulancia, seguro de responsabilidade civil e seguro de accidente deportivo para os participantes.

 

As inscricións poden realizarse tamén a través da web da FGA adicada as carreiras populares www.carreirasgalegas.com (acceder a través da sección calendario).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.