Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 15 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Obradoiro de emprego Dual "Queda en Mos"

O Concello de Mos ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para o desenvolvemento dun obradoiro de emprego denominado “Queda en Mos”.


Este Obradoiro está financiado pola Consellería por un  importe de 503.987 € para o financiamento dos custos de formación profesional para o Emprego, para 20 alumnos/as traballadores/as, durante 12 meses, nas especialidades de: Carpintería e Marketing dixital e multimedia.

A especialidade de carpintería está dirixida a demandantes activos de Emprego, cun nivel 2 de formación, é dicir, os/as alumnos/as deben estar en posesión do graduado en educación secundaria obrigatorio, estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel ou de nivel 1 da mesma familia e área profesional, ou cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, acceso á Universidade para maiores de 25 ou 45 anos, ou competencias clave nivel 2. A través desta especialidade desenvolveráse o proxecto de acondicionamento e posta en valor de espazos naturáis e recreativos do municipio, coa instalación de elementos de carpintería, que faciliten aos vecinos e veciñas do municipio un mellor disfrute do seu tempo libre, e melloren a sostenibilidade ambiental desas zonas.

A especialidade de Marketing dixital e multimedia, está dirixido a demandantes activos de Emprego, cun nivel de formación 3, é dicir, deben estar en posesión do título de bacharelato, en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel ou de nivel 2 da mesma familia e área profesional, ou cumnprir co requisito acdémico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, o acceso á Universidade para maiores de 25 ou 45 anos, ou ter as competencias clave aprobadas de nivel 3. A través desta especialidade fomentaráse a expansión dixital do patrimonio cultural, social e educativo do concello, a través dos certificados de profesionalidade de Desenvolvemento de productos multimedia interactivos (IMSV0209)  e Xestión de marketing e comunicación (COMM0112)


As dúas especialidades facilitan ao alumnado a mellora das súas competencias profesionáis para traballar nas áreas correspondentes, demandadas no mercado laboral actualmente: Carpinteria, montador de mobles, montador de productos de madeira, etc… e na outra especialidade, poden acceder a postos de : Integrador multimedia audiovisual, grafista dixital, desarrollador de aplicación multimedia, e técnicos en publicidades, organización de feiras e eventos, asistente de marketing, auxiliar de medios en empresas de publicidade.

A Conselleria de Emprego e Igualdade asímesmo, financia un Programa de incentivos á contratación laboral deste alumnado ao remate do Obradoiro (Programa de incentivos ás empresas que contraten a alumnos/as do Obradoiro, cun mínimo de 3 meses, a xornada completa, cun importe de 1500 € por tarballador/a), para facilitar así ao alumnado o acceso ao mercado laboral.

 


Está aberto o prazo para participar neste Obradoiro Dual.



Os intreresados en preinscribirte deben poñerse en contacto co Departamento de promoción económica e Emprego (986487786 – Axencia de Colocación de Mos-CDL) e solicitar a túa participación a través do formulario que che facilitarán neste Departamento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.