SALCEDA DE CASELAS
Salceda recibirá 115.625 € da Deputación para o asfaltado de camiños
Os traballos realizaranse en dez lugares das parroquias de San Xurxo, Picoña, Entenza, Parderrubias e Budiño
A Xunta de Goberno da Deputación vén de conceder unha nova achega da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2022-2023 ao Concello de Salceda de Caselas, por importe de 115.625 euros, que lle servirá a este municipio para financiar a mellora de camiños municipais nas parroquias San Xurxo, Picoña, Entenza, Parderrubias e Budiño. As obras teñen por obxecto acondicionar estes viarios, que son moi utilizados pola veciñanza das respectivas zonas.
Os camiños que se arranxarán sitúanse en dez lugares. Na parroquia de San Xurxo traballarse nos situados en Cámara Agraria-Casás e Bouzavedra; na Picoña, faranse dúas actuacións en Pedrapinta; en Entenza actuarase na Pista do Cotello, Penedos-Eido de Arriba e na Costa da Prata; en Parderrubias executaranse obras nun cruce en Fontán e en Maceira, e pavimentarase un tramo en Seixo Branco (Budiño). Na actualidade, segundo o proxecto do Concello, estes camiños se atopan pavimentados con aglomerado, pero presentan deterioro e existen zonas de terra que se asfaltarán, tanto en zonas de ensanche como en tramos de camiño completos. Nestas zonas estenderase e compactarase unha base de saburra artificial, previa á pavimentación definitiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11