Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 22:31:09 horas

Xornal21.es
Lunes, 22 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Rocío Barreiro destaca as propiedades anticanceríxenas e saudables da camelia

O traballo conclúe que o té e o aceite elaborado a partir da “flor das Rías Baixas” poden converterse nunha fonte de ingresos

Rocío Barreiro vén de recibir, de xeito unánime polo tribunal, un sobresaínte cum laude pola súa tese de doutoramento “Composición química e capacidade desoxidante dos produtos obtidos de camelias de Galicia”. A investigación realizouna na finca do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra e en colaboración coa Universidade de Vigo. A tese estivo dirixida pola doutora Carmen Salinero, xefa de Servicio de Areeiro, e o doutor Efrén Pérez da Universidade da Rioxa. Estuda as propiedades do aceite e do té elaborados a partir das camelias cultivadas en Pontevedra e propón o seu uso comercial como fonte de riqueza para o territorio.

 

A camelia é unha planta moi presente nos xardíns da provincia, pero tamén moi descoñecida pola explotación das súas follas e sementes para a obtención de té ou aceite. Dende finais do século XX, na EFA estúdase a calidade e a estabilidade dos produtos obtidos desta árbore. Agora, grazas a tese da xa doutora Rocío Barreiro, coñecemos as súas características e a avaliación da súa composición, así como as súas propiedades desoxidantes e o seu contido en vitamina E e catequinas (sustancias  desoxidantes que axudan a protexer as células dos radicais libres e que, por tanto, son utilizadas na prevención e tratamento do cancro).

 

O té, a segunda bebida máis consumida no mundo despois da auga, elaborase cos brotes e follas novas de Camellia sinensis, na súa composición inclúe entre outros cafeína e vitaminas que, consumidas de xeito recorrente aportan beneficios saudables para as persoas que o consomen. O estudo realizado pola investigadora, veciña do concello das Neves,  amosou que tralo análise das mostras do té de  Areeiro, atopouse a presenza de seis catequinas que engaden unha importante bioactividade desoxidante e, por tanto, anticanceríxena, a este produto.

 

O aceite da “flor das Rías Baixas” caracterízase por ser máis saudable que outros, xa que contén un alto índice de ácidos graxos insaturados. Tamén inclúe minerais e vitaminas, concretamente vitamina E, moi importantes para a o bo funcionamento do noso organismo e que se reflexan na elasticidade e hidratación da pel, por iso é tan apreciado na industria cosmética. A Estación Fitopatolóxica Areeiro, xa fixera varios traballos de investigación desde o ano 2010, no que estudara os parámetros fisicoquímicos de calidade, o contido de ácidos graxos e as distintas bioactividades do aceite, de diversas especies de camelia, e demostrou as súas capacidades desoxidantes e antimicrobianas. Na tese galardoada, realizouse un estudo con aceite de sementes de camelias cultivadas en Pontevedra e concluíuse que o aceite de camelia obtén valores similares aos valores lexislados para o aceite de oliva virxe extra.

 

Polo tanto, os estudos elaborados pola doutora Rocío Barreiro, avalan que das camelias cultivadas na provincia, pode obterse té e aceite de alta calidade para as industrias alimentaria e cosmética. As altas propiedades e o rendemento destes produtos poden supor unha gran fonte de ingresos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.