DEPORTES
A Xunta destina 2,7m€ este ano a equipamento e actividades dos clubs e federacións deportivas
O vicepresidente segundo visitou esta semana o Club Náutico Firrete de Pontedeume, unha das 97 entidades beneficiarias das axudas para a adquisición de equipamentos, nas que a Xunta inviste 700.000 euros
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou esta semana xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, o Club Náutico Firrete, unha das entidades beneficiarias da orde de axudas para a adquisición de equipamentos deportivos destinados á clubs e federacións deportivas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións das que se beneficiarán 97 entidades, en concreto, 73 clubs e 24 federacións deportivas.
A Xunta destina a esta convocatoria 700.000 euros, aos que se suman outros 2 millóns de euros doutra orde dirixida ao desenvolvemento de actividades deportivas por parte de clubs e núcleos de adestramento deportivos, e de sociedades anónimas e seccións deportivas que, como anunciou tamén hoxe o vicepresidente segundo, se resolverán en breve. Polo tanto, o investimento total do Goberno galego en apoio aos clubs galegos acada os 2,7 millóns de euros.
Ademais destas dúas liñas de axudas, a Administración autonómica mantén o seu compromiso co deporte co patrocinio de eventos, de equipos e de deportistas de alto nivel.
Achega de material
A orde de subvencións para equipamento deportivo da Xunta publicada hoxe achega aos clubs e federacións material específico destinado á participación en competicións deportivas oficiais ou á realización de adestramentos, material non específico como transporte ou equipamento de ximnasio e material sanitario. No caso do Club Náutico Firrete, recibiu unha achega de 10.000 euros -a contía máxima por entidade- que se investirán na compra dunha embarcación, unha máquina elíptica, un desfribilador e unha caixa de primeiros auxilios.
No que se refire aos gastos subvencionables da outra orde para o desenvolvemento de actividades deportivas pendente de resolución hai dúas liñas de axudas, unha delas para os custos derivados da participación en competicións oficiais cun máximo de 10.000 euros por entidade. A outra liña, que é novidade neste ano, vai dirixida a sufragar os gastos correntes de núcleos de adestramento deportivo especializado, cunha contía máxima de 30.000 euros por beneficiario.
Entre os conceptos financiados inclúense, entre outros, licenzas e seguros; as inscricións en competicións e os seus gastos de transporte, manutención e aloxamento nestes eventos; arbitraxes; aluguer de instalacións; así como produtos sanitarios, gastos de ambulancias ou relacionados coa prevención e a seguridade...
O vicepresidente segundo destacou a reciprocidade da Xunta co gran traballo que se está a facer no deporte galego e, neste caso, animou ao Club Náutico Firrete a seguir traballando por moitos máis éxitos deportivos para os que contarán co apoio da Administración autonómica. Nesta liña, Diego Calvo puxo en valor a importancia que estas axudas teñen para manter o excelente nivel competitivo de moitos dos clubs galegos, apoiar o deporte base, incrementar as canteiras dos equipos e garantir a súa continuidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186