Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 18 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP solicita a retirada inmediata das novas xardineiras

 Os populares, que denunciaron nas súas redes sociais o 14 de agosto a situación e vía rexistro ante o Concello de Ponteareas, o 16 de agosto, consideran que este mobiliario debe ser situado nun lugar que non supoña un perigo para os viandantes e que permita o acceso a vehículos de emerxencia

[Img #77202]O Grupo Municipal do  PP que denunciou nas súas redes sociais, o 14 de agosto, o perigo do novo mobiliario urbano, tras ser alertado por varios veciños, insta ao Concello a retiralas en menos de 48h para evitar novos accidentes. En caso de non efectuarse esta solicitude, que foi cursada ante rexistro o 16 de agosto, fará un rogo ao pleno para instar á alcaldesa a que modifique a localización e sinalización destes elementos que causaron nos últimos días varios contratempos, con ata polo menos dous feridos.

 

“O 13 de agosto comunicáronnolo varios veciños que viron como dúas persoas tropezábanse e tiñan que ser asistidas polos servizos de emerxencia, aos cales estas xardineiras tamén lles dificulta o paso, xa que están distribuídas sen sentido e as ambulancias teñen que sortealas como poden. O 14 de agosto denunciámolo en redes sociais e o 16 presentamos un escrito, vía rexistro, para instar á urxente retirada destas xardineiras para que non aumente o número de accidentados, que agora mesmo é a nosa prioridade. Consideramos que unha comisión dilataría esta medida no tempo polo que nós actuamos e solicitamos a retirada inmediata. A maiores, se non se liquida o problema, faremos un rogo no próximo pleno para tratar esta cuestión que supuxo ata o momento dous feridos bastante graves e varios con golpes, e aí si solicitaremos explicacións de quen ordenou situalas desa forma e os motivos para facelo así”.  

 

 

 

 

Consideran que unha “comisión” dilataría a medida da retirada e o que se necesita é vontade do bipartito e da alcaldesa Cristina Fernández de corrixir este erro que supuxo xa varios accidentes entre peóns que paseaban pola zona

 

 

 

 

O PP considera que esta é outra mostra máis da falta de diálogo do bipartito con partidos da oposición e veciños que teñen que soportar que ata unhas “simples xardineiras” convértanse nun problema. “Non escoitan a ninguén. Non aceptan ideas nin melloras que veñan do PP. A colocación dun elemento tan sinxelo converteuse nun desastre e problema. A alcaldesa non se pode escudar máis no seu edil Roberto Mera, ela ten a suficiente lexitimidade para cambiar este tipo de decisións, pero quizais prefire escorrer o vulto e cargarlle a responsabilidade a outros”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.