PONTEAREASS
ACIP pide solucións aos problemas xerados polas xardineiras
Dende ACIP sinalan que “no transcurso deste mes, o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, decidiu facer realidade outra das súas “brillantes ideas”, instalando en plena calzada bancos e xardineiras metálicas. Sendo coñecedores das diferentes actuacións realizadas nas últimas datas por parte deste membro do goberno local, non podemos saír do noso asombro con esta execución, xa que os bancos atópanse a pleno sol acompañados de xardineiras que non aportan nada paisaxísticamente”.
ACIP califica estas xardineiras de “ridículas” e sinalan que “non son compatibles coa celebración da feira da cidade, xa que a súa ubicación e a falta de visibilidade por parte dos transeúntes non fan máis que provocar tropezos e caídas”.
Por este motivo, dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas, solicitan a realización dunha comisión informativa de urxencia, na que pedirán información a Fernández “sobre estes incidentes e cuestionarémola sobre as medidas para solventar esta problemática. Ademais, esixiremos ó goberno a realización dunha planificación consensuada, a diferencia da actual”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49