Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 28 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
MOTOR

Novo Porsche 911 GT3 RS: máximo rendemento

O novo Porsche 911 GT3 RS non oculta as súas intencións: está deseñado sen compromisos para obter o máximo rendemento. Este deportivo de altas prestacións, con 525 cabalos de potencia (386 kW) e homologado para o seu uso na estrada, benefíciase dos avances tecnolóxicos e conceptos desenvolvidos no mundo da competición. Herda do 911 GT3 R de carreiras o seu motor atmosférico de altas revolucións e a súa construción lixeira intelixente, aínda que o que conecta máis directamente ao 911 GT3 RS co seu irmán de competición son os sistemas aerodinámicos e de refrixeración.


Un elemento crave para aumentar significativamente o rendemento é o concepto de radiador central, unha idea que se utilizou por primeira vez no 911 RSR, gañador da súa categoría en Le Mans, e posteriormente no 911 GT3 R. En lugar do deseño de tres radiadores visto en modelos anteriores, o novo 911 GT3 RS dispón dun gran radiador central inclinado na parte dianteira do automóbil, situado onde se atopa o maleteiro noutros Porsche 911. Isto permitiu aproveitar o espazo que se liberou nos laterais para integrar elementos aerodinámicos activos. Así, os diversos deflectores regulables de forma continua na parte dianteira e no alerón traseiro de dúas pezas, en combinación con outra serie de compoñentes aerodinámicos, proporcionan 409 quilogramos de carga aerodinámica total a 200 km/h. Isto significa que o novo 911 GT3 RS xera o dobre de carga aerodinámica que o seu predecesor da xeración 991.2 e o triplo que o 911 GT3 actual. A 285 km/h, a carga aerodinámica total é de 860 kg.

 

[Img #77231]


Por primeira vez nun Porsche de produción en serie instalouse un sistema de redución de resistencia ao aire (drag reduction system, DRS). Para lograr unha baixa resistencia e velocidades máis altas nas seccións rectas da pista, o DRS permite colocar as ás nunha posición plana con só presionar un botón, dentro dunha marxe de funcionamento específico. A función de aerofreno actívase durante o freado de emerxencia a velocidades altas: as ás da parte dianteira e traseira axústanse verticalmente, creando un efecto de desaceleración aerodinámica que complementa aos freos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.