Viernes, 16 de Enero de 2026

J. Carrera// Xornal21
Martes, 30 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
ACTUALIDAD

A invasión dos QR´S

Son códigos rechamantes que espertan a curiosidade do usuario e poden infectar o teu teléfono móbil

O código QR, non é unha tecnoloxía nova, temos que remontarnos ao ano 1994 cando a empresa xaponesa Denso Ware, subsidiaria de Toyota creou os QR, en inglés -Quick Response- en español -RESPOSTA RÁPIDA-.
Non acceder a ligazóns descoñecidas, é, non caer na trampa do ciberdelincuentes.


Pero vaiamos por partes, imos ver como naceu, para que se usa, saber se é útil, como crealos, etc. Empecemos respondendo que son os códigos QR, pois ben, estes códigos están por todas partes e que de maneira conveniente almacenan e distribúen información, son rapidamente accesibles a calquera persoa. Certo é, que cando achegamos un teléfono móbil para que o lea, a resposta é inmediata. Visualmente é un cadrado habitualmente en branco e negro e debe ter unhas medidas de tres por tres se son estáticos e de dous por dous se son dinámicos e para lelos ben co teléfono móbil, necesitamos distancialo polo menos uns dez centímetros. O código QR, xurdiu para identificar con máis rapidez que o código de barras, por exemplo, as pezas que podían estar no interior dunha embalaxe, este sistema axilizaba de gran maneira a recepción de pezas de automoción, que foi onde naceu. Por aquela época a web, estaba nos seus inicios.


Os códigos QR, poden vincularse a unha dirección web, e así desa forma podemos redirixir como ligazón a un texto, imaxes, animacións, vídeos, etc. Todo o que conteña unha web, é factible de enlazalo cun código QR converténdose así, nunha combinación entre papel e a web.


E moi frecuente ver un código de barras, sobre todo cando facemos a compra e en caixa len os artigos, esa información é propia dese produto, só contén o nome do mesmo, en cambio o código QR, pode almacenar máis información, porque o uso deses códigos é moi amplo para diferentes negocios. Pódense xerar códigos para navegadores web, para diversos tipos de datos, códigos QR personalizados permítelle os contactos cos clientes e a través destes, intercámbianse información de forma reciproca, industrias, arte, úsano os artistas como material de traballo, comercio electrónico, uso informativo en museos e sitios patrimoniais, promocionando a información adherida sobre obxectos ou monumentos, os datos recíbense a través do teléfono móbil mediante vídeos, textos, audios, etc. O uso funerario, tamén está en auxe, en 2014 implementouse no cemiterio israelí en Uruguai, para que a través do uso dos códigos QR, poida permitir ver as imaxes do cemiterio e coñecer a localización exacta de cada tumba. En medicina, promocionouse unha campaña piloto para identificar e axudar a enfermos de Alzheimer, a través dun código QR que levan consigo, o cal achega información sobre esa persoa. Tamén é moi útil para o transporte público de viaxeiros.


Os códigos QR, forman parte da nosa vida, aínda que estaban un pouco esquecidos. Foi por mor da pandemia cando volveron rexurdir. Volvéronse case imprescindibles, para ir a un restaurante, substituíndo a carta, á universidade, para identificar a un posible enfermo, mostrar información turística, descontos en establecementos, trámites burocráticos, libros, etc.

 

O humano xera máis veces problemas que a propia tecnoloxía
Se un usuario ten intención de xerar un código QR, é fácil, ver o tipo de código que quere, acceder á páxina web apropiada, encher os datos no formulario, pulsar o botón “crear código QR”, o seguinte paso é gardar o código resultante e ese ten outro código “html”, que é necesario para inserir en calquera web e unha vez realizado xa funciona. Os códigos con lecturas sinxelas e fiables, son os clásicos (branco e negro), é conveniente facer probas co QR que se xerou, usando se é posible móbiles diferentes para comprobar que se pode ler correctamente. É importante tamén, asegurarse que se introduciu adecuadamente a URL (dirección web) de destino, pola contra, daría a información errónea. A visualización tamén é importante, por iso o contido debe estar preparado para visualizarse en diferentes dispositivos móbiles.


Cando camiñamos pola rúa vemos códigos QR por todos lados, na parada de autobús, nas ofertas dun supermercado, nunha peza de roupa, nun poster, nun xornal, nunha factura, folletos publicitarios e un longo etc. Están como dicía, por todos os lugares. Nin que dicir ten que por mera curiosidade, quen non lle colocou o lector do teléfono a un deles para ver “de que vai”, pois moito coidado, a primeira ollada, non implican perigo e deberían ser fiables, pero algúns poden ocultar unha serie de ameazas. Moitos usuarios simplemente cando aparece a ligazón, nin sequera veno e podería ser outra cousa diferente ao que inicialmente sae, por conseguinte, os usuarios deben ser conscientes do risco que corren, polo que sempre hai que extremar as precaucións, ao mesmo tempo os códigos QR, utilízanse de forma maioritaria a través do teléfono e pode servir de porta de acceso á información que almacena o dispositivo: datos persoais, localización, etc. No momento de iniciar a lectura, pode descargar algún arquivo malicioso no equipo como troyanos, vermes, apps maliciosas, etc.
Todos os ciberdelitos pódense evitar cun pouco de atención e desconfiando da máis mínima sospeita, porque son moitas as persoas que o usan, a gran maioría son seguro e non deixa de existir a posibilidade de ser vulnerado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.