Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 22 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos prepara a XXXII Festa da Terceira Idade

O Concello de Mos organiza un ano máis a Festa da Terceira Idade, dirixida aos maiores e que este ano cumpre o seu XXXII edición. Terá lugar o vindeiro domingo día 28 de agosto.


Esta emblemática festa concíbese desde a administración local mosense como parte do programa destinado aos maiores, coa finalidade de impulsar a participación social activa e a integración deste colectivo de idade na comunidade, así como lograr a participación en distintas actividades creativas e lúdicas.


Na Festa da Terceira Idade homenaxeásese aos matrimonios, das dez parroquias mosenses, que cumpren os 50 anos de casados neste ano 2022, pero esta será unha edición moi especial xa que se homenaxearánse tamén aos matrimonios que os cumpriron en 2020 e 2021 e que debido á pandemia non puideron celebrar. Son un total de 101 matrimonios mosenses os que chegan nesta edición a esta bonita celebración.  


O lugar de celebración será o parque de Costoias, na parroquia de Tameiga. O horario da programación será de 12.00 horas a 19.00 horas.

 

Os actos previstos son os seguintes:

A partir das 12:00h tendrá lugar a misa cantada pola coral Ventos do Val, seguidamente actuará a Banda de Música Xuvenil de Torroso


A partir das 14:00h comenzará o Xantar.


Todos os matrimonios homenaxeados serán convidados polo concello a o xantar, previa confirmación de asistencia.


O resto de persoas asistentes contan alí con mesas e cadeiras para poder levan a sua propia comida campestre; o concello convidaos tamén a unha degustación de callos.

 

A partir das 16:00 h terá lugar a homenaxe aos matrimonios que cumplen as bodas de ouro, dos anos 2020, 2021 e 2022, sendo polo tanto esta edición, a máis especial das realizadas ata o de agora.

 

A animación e o baile correrá a cargo do grupo Club Naval.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.