GALICIA
A Xunta mantén a súa aposta pola prevención de riscos laborais no ámbito forestal
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) emprega mecánicas de xogo para fomentar unha cultura preventiva que reduza os accidentes laborais
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), continúa cos cursos pertencentes ao ciclo de Gamificación para a avanzar na prevención de riscos laborais no sector forestal. Os cursos encaran as súas edicións finais co arranque do novo ano escolar 2022/23 no IES Sergude de Boqueixón e no IES Guísamo de Bergondo, ambos na provincia da Coruña.
A formación impártese coa incorporación de novas metodoloxías, adaptándose a evolución das fórmulas de educación e innovando nos contidos e técnicas tradicionais. Unha das novidades é a gamificación, é dicir, o emprego de dinámicas de xogo en ámbitos non lúdicos co fin de potenciar a motivación, concentración, esforzo, fidelización e outros valores como, neste caso, a prevención de riscos.
Estes cursos son unha actividade complementaria aos ciclos de formación profesional do ámbito agroforestal dos centros educativos
As actividades do Issga teñen un carácter principalmente práctico con simulacións no desenvolvemento de diferentes roles e situacións de risco e tamén con traballos no manexo da motoserra. Ademais, os alumnos aprenden a usar e integrar as novas tecnoloxías nas rutinas de traballo con aplicacións móbiles como Alertas Issga ou Segutractor.
O programa dos cursos promovidos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade configúrase como un complemento aos contidos que se imparten nos ciclos de formación profesional do ámbito agroforestal. Cada curso conta cunha duración de 15 horas lectivas repartidas en tres xornadas. Máis de 50 alumnos xa participaron nas diferentes edicións que se realizaron en Lourizán (Pontevedra), Santiago, Tomiño e Mondoñedo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217