MOS
Mos organiza unha divertida tarde para os nenos e nenas saharauis acollidos
O concello de Mos organizou onte unha tarde de convivencia para os 9 nenos e nenas saharauis que pasan as súas Vacacións en Paz con familias da localidade. Trátase de Sara, Galia, Jadiya, Salca, Salaca, Mulay, Muna, Salem e Marua, que gozan do verán con familias mosenses de acollida das parroquias de Louredo, Dornelas, Pereiras, Cela, Guizán e Mos.
Onte todos/as eles pasaron unha divertida tarde na Piscina de San Eleuterio, onde estiveron acompañados/as polas súas familias, os seus amigos e amigas feitos en Mos, e as Concelleiras Sara Cebreiro e Julia Loureiro.
Despois de dous anos sen poder levar a cabo o programa de acollida de nenos saharauis, Vacacións en Paz, debido a pandemia; por fin SOGAPS (Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) retomou este ano este programa, e os nenos e nenas saharauis puideron vir a pasar os meses de verán a Galicia, entre outros puntos, a Mos. Os cativos asentados en Mos durante o verán gozaron onte de unha tarde de piscina, xogos e merenda campestre, onde o pasaron moi ben, xa que tal como afirman as familias: “a praia e a piscina encántalles”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149