PROVINCIA
A Xunta promove un verán en familia nas residencias de tempo libre de Panxón e o Carballiño
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, coñeceu as persoas que están a pasar uns días no centro de Nigrán
A Xunta de Galicia promove un verán en familia nas súas Residencias de Tempo Libre de Nigrán e O Carballiño. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta semana os participantes que están a beneficiarse desta iniciativa no centro de Panxón, en Nigrán, polo que ao longo deste verán pasaron 1035 persoas.
A oferta do programa comprende o aloxamento e as opcións de almorzo, comida e cea durante os sete días que dura cada quenda. En total repartíronse preto de 2000 prazas, máis do dobre que en 2021, a través dun proceso de adxudicación celebrado no mes de maio. Un proceso que deu prioridade ás familias numerosas, monoparentais, acolledoras e vítimas de violencia de xénero.
Esta iniciativa duplicou este ano as súas prazas ata un total de 2000, das cales 1035 foron destinadas á residencia de Panxón
Durante a visita, Jacobo Rey destacou que estas estadías permiten desfrutar de tempo en familia e coñecer novos lugares da xeografía galega. Neste sentido, subliñou a situación privilexiada desta residencia, na praia de Panxón, así como as obras recentemente realizadas no edificio, financiadas con arredor de 300.000€ e que melloraron o confort dos usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91