VIGO
O Concello prevé iniciar a finais de ano a musealización da Fortaleza do Castro
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á licitación da obra de “Musealización das galerías e posta en valor da fortaleza do Castro” que ten un importe de 1.400.000 euros
Abel Caballero puxo en valor a obra polo que significará para a cidade e recalcou o financiamento da mesma por parte do Goberno de España, a través de fondos estatais.
O alcalde explicou que a musealización da muralla do Castro permitirá abrir os túneles e poñer en valor “este grande ámbito da cidade”: as galerías da fortaleza, o túnel escavado na roca e recuperar o vello polvorín, que se refará “porque está en condicións moi deterioradas”. Así, a cidadanía poderá visitar estes espazos da fortaleza e gozar da musealización dos acontecementos históricos en defensa da cidade dos séculos XVII, XVIII E XIX. “É a continuación de todo o que estamos facendo na muralla do Castro”, apuntou.
A previsión municipal é que o proxecto poida estar adxudicado no mes de novembro e, dende ese momento, iniciar a execución da obra.
Convenio Monte da Mina
Amais, a Xunta de Goberno aprobou, a semana pasada, o convenio de colaboración coa Asociación Veciñal Cultural e Deportiva “Monte da Mina” de Castrelos para axudar a financiar os gastos de mantemento da entidade e para a coordinación da xestión dun viveiro de asociacións nas súas instalacións, que ocupan dez locais do inmoble. O convenio ten un importe de 17.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57