Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 16:11:25 horas

Xornal21.es
Viernes, 02 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta de Galicia investirá 4,7m€ na reforma total do IES Valle-Inclán de Pontevedra

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, visita este centro de Secundaria, o máis antigo da provincia

A Xunta de Galicia elevará ata os 4,7 M€ o investimento para a rehabilitación integral do instituto Valle-Inclán de Pontevedra. Así o anunciaba esta semana o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita a este centro de Secundaria que definiu como “unha obra histórica para un instituto histórico con 114 anos”. De feito, como lembrou, este importe supera amplamente as previsións iniciais para responder a todas as necesidades detectadas.

 

O responsable autonómico de Educación, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, explicou que nas vindeiras semanas licitaranse as obras que comezarán, previsiblemente, no primeiro trimestre do ano 2023. “Este é o centro de Secundaria máis antigo da provincia de Pontevedra e o noso obxectivo é solucionar os problemas do paso do tempo e renovar esta infraestrutura ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para adaptala ás necesidades do século XXI”, afirmou. De aí que vaia a asumir “o maior investimento da Xunta nun centro educativo en toda Galicia”.

 

Cambio de 323 ventás en catro andares
Neste senso, precisou que os traballos que se levarán a cabo durante 16 meses basearanse en tres eixos: rehabilitación enerxética, rehabilitación estrutural e rehabilitación funcional. “Unha das prioridades do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica é mellorar a eficiencia enerxética dos centros educativos e neste caso chegarase a un aforro de preto do 60% de enerxía primaria non renovable”, incidiu Román Rodríguez.

 

Para logralo, tal e como detallou, cambiaranse 323 ventás nos catro andares do edificio, con máis de 8.000 metros construídos. Ademais, mellorarase o illamento das cubertas e o interior da fachada e renovarase o sistema de calefacción, auga quente e iluminación.

 

 

 

 

Román Rodríguez presenta esta intervención integral, que superará amplamente as previsións iniciais para responder a todas as necesidades detectadas 

 

 

 

 

En canto á rehabilitación estrutural, o proxecto estará destinado a mellorar a estrutura do edificio reforzando os forxados e incrementando a súa seguridade ante o lume e  renovando a estrutura metálica do patio cuberto.

 

Cuberta, fachada, aseos, vestiarios...
No último dos eixos inclúese a instalación dunha nova cuberta, a limpeza e tratamento da fachada de pedra, a renovación dos aseos e vestiarios e a mellora dos acabados, portas interiores e contras das ventás e a renovación da cuberta do patio interior. Numerosas intervencións que explica que finalmente se ampliase a previsión inicial de investimento e prazos avanzada en 2021, logo do traballo dos técnicos encargados do proxecto.

 

“En definitiva, unha actuación integral que vai renovar a imaxe deste centro no que estudan máis de 760 alumnos e que non só destaca no ámbito educativo, senón que é xa un símbolo cultural con máis dun século de traxectoria”, apuntou Román Rodríguez.

 

O instituto Valle-Inclán conta cun edificio con características da arquitectura ecléctica de finais do XIX, incorporando elementos do Art Nouveau. Iniciou a súa construción no ano 1908 e ao longo da súa historia sufriu diferentes obras de reforma e reparación de diferente envergadura, realizándose a última gran intervención no ano 1972.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.