Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 08 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño acolle esta fin de semana unha nova edición de “Merca na rúa”

A feira de oportunidades, organizada por Acipor en colaboración co Concello do Porriño, desenvolverase o sábado 10 e domingo 11 de setembro na rúa peonil

O Porriño acolle esta fin de semana a XXVI edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”, que como sempre se desenvolverá na zona peonil do centro urbano da vila.


Participarán máis de vinte stands con ofertas nunha ampla de produtos e sectores. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algún dos artigos nos que poderedes conseguir descontos desde 60% e ata o 70%.


O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar o sábado 10  en horario ininterrumpido de 10 a 21 h e o domingo 11 de 11 a 20 h.


Ademais, para facilitar as compras ás familias, haberá inchables para os máis pequenos e unha visita moi especial, a dos Bolechas que estarán no Merca na Rúa o sábado pola tarde a partir das 17: 30 h.

 

 

 

 

Recibiremos a visita dos Bolechas, das persoaxes máis coñecidas de Disney e a pequena pianista Dasha ofrecerá un concerto

 

 

 


Esta edición garda unha sorpresa moi especial, a que nos ten preparada a pequena pianista Dasha, que ofrecerá un concerto o sábado a partir das 19:30 h na praza Arquitecto Antonio Palacios.  


O domingo pola tarde, a partir das 17 h recibiremos a visita das persoaxes máis famosas de Disney e pechará a programación un concerto a partir das 20h.  


O alcalde, Alejandro Lorenzo, convidou a toda a veciñanza “a encher as rúas unha vez máis e disfrutar da vila mentres se benefician dos mellores descontos, á vez que contribúen a dar pulo ao noso comercio local”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.