Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 08 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Victoria Alonso advirte da posibilidade de máis restos arqueolóxicos nas futuras obras do Celta

Volven ser noticia os restos arqueolóxicos atopados tralas primeiras obras do Celta en Mos, polo que a bancada socialista quere incidir en que levan anos denunciando este feito nas sesións plenarias do concello, cuestión a que, segundo aseguran, "o goberno local din que nunca prestaron interese". Engaden que "o PP mostra unha clara deixadez ante un descubrimento de tal magnitude ca súa actitude".

 

Os socialistas queren resaltar que "os informes do Servizo de Patrimonio da Xunta fan referencia a este restos da Idade de bronce alegando que estaban moi deteriorados e polo tanto pódense arrasar". Ademais inciden en que esta cata "foi feita despois de que fose público os restos atopados e imposible esconder". Os socialistas chegan a cuestionar que "de non facerse público o feito, non se faría a cata".

 

A voceira socialista, Victoria Alonso, alerta de que no perímetro para o que se acaba de aprobar o Plan Especial "poderían atoparse máis restos do poblado debido a cercania cos restos atopados ata a data". Denuncia que "a Xunta é participe neste atentado contra o noso patrimonio e cuestiona a forma na que din defender restos atopados noutros concellos, mentres que nos concellos do PP permiten que se perdan un restos tan antigos coma estes".

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.