GALICIA
A Xunta busca con "PequeClassic" achegar a música aos máis pequenos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación deste festival que terá lugar en diferentes localizacións de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela do 8 ao 11 de setembro
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do ciclo “PequeClassic”, iniciativa mediante a cal preténdese achegar aos máis pequenos a paixón pola música clásica, o jazz e outros tipos de música a través do xogo e da diversión.
Este proxecto, apoiado por Turismo de Galicia, ten como finalidade inculcar nos máis pequenos o gusto pola música a través de montaxes por todo o territorio. Durante a súa intervención, Nava a directora de Turismo de Galicia puxo en valor a importancia deste ciclo para apoiar a oferta do Goberno Galego neste Xacobeo, con concertos ao redor de todo o territorio da Comunidade e para todos gustos e idades.
Neste senso, puxo en valor os concertos levados a cabo durante este Ano Santo, no que “máis de 500 artistas en máis de 100 concertos e festivais ao redor de máis de 50 localidades puxeron en valor a oferta cultural e a diseminación de actuacións ao redor de todo o territorio para favorecer que cada un dos galegos puidera desfrutar de actuacións para todos os gustos e idades”.
Este ciclo achega propostas educativas e musicais de gran calidade e éxito que non poden verse habitualmente en Galicia. As actuacións realizaríanse durante 6 fins de semana a partir de outubro en 12 espazos escénicos das grandes cidades galegas. Algúns espectáculos propostos son: As cores do metal, Ma, me, o meu, Mozart, Os sons do vento ou O Entroido dos animais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186