Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 12 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Policía Local efectúa catro detencións en dous días no Porriño

Tres mozos foron detidos no centro urbano por un presunto delito de “roubo con forza nas cousas” e unha cuarta persoa foi detida en Torneiros por un presunto delito de furto

A Policía Local do Porriño informou da detención de catro persoas esta fin de semana no Porriño.  
A primeira actuación policial desenvolveuse na noite do sábado 10 de setembro. Ás 5:25 h unha patrulla da Garda Civil solicitaba a colaboración dos axentes tras saltar a alarma de roubo nun céntrico establecemento da vila.

Unha vez no lugar, compobaron as imaxes dos presuntos autores dos feitos nas cámaras de seguridade. Nelas distinguíase claramente a tres mozos dunhas características moi concretas, dos que ademais se tiña constancia de que intentaran abrir vehículos estacionados na vía pública en outra ocasión.


Tras montar un dispositivo conxunto coa Garda Civil de vixilancia estreita no centro urbano, localizaron a un dos mozos nas proximidades do pavillón municipal e, minutos máis tarde, a outros dous escondidos baixo dous turismos. Por todo isto, procederon á detención destas tres persoas por un presunto delito de Roubo con forza nas cousas, cuxas penas oscilan entre 1 e 3 anos de prisión.


A segunda intervención tivo lugar o domingo pola tarde nun dos Polígonos Residenciais de Torneiros. Unha persoa foi detida pola presunta comisión dun Delito de furto, tras subtraer a un veciño pertenzas por valor de 1050 euros. A vítima, denunciou que se olvidara nas escaleiras da súa vivenda un ordenador portátil e unha cazadora e que ao ir buscalo non estaba. O home viu sair a unha persoa cargada con bolsas cara un vehículo e, tras preguntarlle, este negou ter algo que ver co roubo, polo que alertou á policía. Tras personarse no lugar localizaron no interior dun turismo o material roubado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.