GALICIA
Denuncia publica da situación das e dos traballadores de HIPERXEL
Dende o COMITE DE EMPRESA XELDIST queren denunciar "a situación que está a padecer dende hai meses o persoal de dita empresa, mais coñecida polo seu nome HIPERXEL, compañía que leva dedicándose dende mais de trinta anos ao comercio de produtos conxelados. A compañía está a atravesar dificultades na súa tesourería polo que non e capaz de abonar os salarios do persoal en tempo, arrastrando retrasos nos pagamentos tanto a empresas provedoras (coa problemática da falta de mercadoría nas tendas que elo carrexa) como os traballadores".
O persoal asegura "atópase nunha situación de incerteza máxima, non tendo información clara e fiable por parte da empresa, mais alá de comunicados onde se mostra unha intención de reflote pero sen dar ningún tipo de garantía, manifestando neles que a situación está a piques de se arranxar, pedindo un esforzo extra a un persoal que a día de hoxe xa non ten nin esforzo nin ánimo que ofrecer a empresa, máis aínda cando non se lles da información fiable e suficiente".
A compañía viuse inmersa en varios cambios de titularidade pertencendo ao grupo empresarial IBERCONSA, a día de hoxe XELDIST CONGELADOS SLU foi adquirida polo grupo VINOVA en xullo de 2021, grupo no cal están integrada a marca comercial CONXELADOS CIES. Tras uns meses de adaptación a nova situación empresarial, en abril do presente ano comezou a situación de atraso nas nóminas e falta de mercadoría nas tendas.
"Non podemos mais que seguir indo a traballar sen saber cando cobraremos ou cando e como rematará esta situación pola que estamos atravesando" aseguran.
Actualmente estanse valorando as accións a emprender para tratar de mostrar a problemática o máximo posible e tratar de frear as consecuencias negativas de tal situación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186