Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 13 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta comeza as actuacións de acondicionamento da Estación de Autobuses de Ponteareas

A intervención inclúe a apertura de acceso peonil ás dársenas desde a rúa, sen barreiras arquitectónicas, ou unha nova rede de saneamento para os baños

A Xunta iniciou onte  as obras de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas que suporán un investimento autonómico de máis de 48.000 euros.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, unha vez asumida a xestión temporal desta terminal e dado o deterioro que presentaban as instalacións, está a executar diferentes actuacións de mellora da infraestrutura.

 

A intervención abrangue traballos como a apertura de acceso peonil ás dársenas desde a rúa, sen barreiras arquitectónicas.

 

Tamén se acometerá unha nova rede de saneamento nos baños, en substitución da actual; o reforzo da soleira de soporte na calzada de saída dos autobuses; ou a substitución de bancadas de espera deterioradas.

 

O proxecto tamén inclúe a reparación da instalación eléctrica da estación, da rede de fontanería ou do lucernario interior.

 

 

 

 

O proxecto tamén recolle a reparación da instalación eléctrica da estación, da rede de fontanería ou do lucernario interior

 

 

 

 

 

Ademais procederase ao pintado interior de paramentos verticais, á limpeza da planta inferior da área de intervención e á reparación de papeleiras, tulipas de luminarias e outros elementos deteriorados.

Cómpre lembrar que a Xunta está a xestionar a estación de autobuses de Ponteareas, de forma temporal, mediante un contrato para a explotación e outro para a limpeza.

 

Dadas as deficiencias que presentaban as instalacións no momento da cesión por parte do Concello, o Goberno galego está a executar estes traballos co fin de mellorar a terminal e ofrecer mellores servizos aos usuarios.

 

Este contrato temporal de xestión estará en servizo ata que entre a operar o novo concesionario da terminal, que xestionará conxuntamente as estacións de Vigo, de Cambados, de Cangas e de Ponteareas.

 

O inicio deste contrato está supeditado á apertura da nova estación de autobuses de Vigo, rematada en xullo de 2021 e á espera de que o Concello de Vigo habilite os accesos á estación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.