GALICIA
O trampolín que precisan as pemes galegas para chegar ao mercado internacional
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu na Tecnópole á presentación do programa de aceleración
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta semana na presentación do programa de aceleración Galicia Avanza que está chamado a ser o trampolín que precisan as pemes galegas que queren chegar ao mercado internacional desde a I+D+i e a sustentabilidade.
O que distingue esta aceleradora que está botando a andar é que está pensada para pemes galegas de base tecnolóxica que teñan entre mans solucións innovadoras para exportar a outros mercados. Deste xeito, Galicia Avanza vai apoiar a consolidación no mercado internacional de 30 empresas a través dun plan de traballo de oito meses de duración nos que as participantes poderán acceder a servizos de asesoramento e formación especializada.
Un total de 30 empresas acceden a un plan de traballo de oito meses no que, a través de asesoramento e formación especializada, poderán internacionalizarse
O vicepresidente económico subliñou a necesidade de apostar polo talento, a tecnoloxía e a I+D+i para atopar alternativas ao modelo económico actual. Neste ámbito é onde porá o foco Galicia Avanza, que se localizará na Tecnópole.
Precisamente o Parque Tecnolóxico de Galicia destaca pola súa oferta de servizos ao tecido empresarial pero tamén polas infraestruturas ás que vai dar cabida como o Centro de excelencia en ciberseguridade de Galicia ou a primeira comunidade enerxética nun polígono empresarial galego para que as compañías poidan acceder a un prezo enerxético máis competitivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218