DEPORTES
A Volta Galicia promete espectáculo dende este xoves
Poio, Taboada, Manzaneda e Ponteareas acollerán as catro etapas
A presentación de equipos este mércores ás 20:00 horas na Praza da Chousa en Combarro (Poio) abrirá a XX Volta Ciclista Galicia para corredores Elite-Sub23. A rolda organizada pola Federación Ciclismo Galego ofrece un espectacular percorrido de catro etapas, dende este xoves ata o domingo, con moitas subidas e poucos metros chairos. Dezaoito equipos, dez deles galegos, pugnarán por herdar a camisola amarela Xunta de Galicia que no 2021 se adxudicou o catalán Álex Martín, na actualidade ciclista profesional no Eolo-Kometa.
Poio, Taboada, Manzaneda e Ponteareas acollerán as tiradas dunha edición que rende homenaxe a Magín Froiz, falecido o pasado mes de marzo. Ademais de ser un pioneiro e un referente a nivel económico e social en Galicia, o fundador do grupo de distribución alimenticio Froiz era un apaixonado do ciclismo e na súa estreita vinculación con este deporte sobresaen os 34 anos como patrocinador principal do G.D. Supermercados Froiz, un dos equipos máis laureados do pelotón estatal. Como homenaxe, a Volta arranca dende Poio, vila da que é fillo adoptivo e onde está situada a sede central da empresa que impulsou.
O pano desta rolda erguerase coa gala de benvida na parroquia poiense de Combarro ás 18 formacións participantes: máis da metade dos conxuntos son galegos (Supermercados Froiz, Farto-BTC, Retelec Cycling Galicia, Oiense-Escuela Aser Estévez, Cidade de Lugo-My Bike, Vigo-Rías Baixas, Padronés-Cortizo, Drone Hopper-Gsport Grupo Innova Tormo, Lasal Cocinas-Louriña e Club Ciclista Vigués), sete proceden doutros puntos do estado (Eolo-Kometa, Caja Rural-Alea, Gomur Cantabria Infinita, Telco.m-On Clima-Oses, Previley Maglia Coforma Bembibre, Bicicletas Rodríguez Extremadura e Escola Ciclisme Catalunya) e a nómina complétaa a escuadra belga do Team Basso Flanders.
A XX edición desta rolda Elite-Sub23 rende homenaxe a Magín Froiz
Primeira etapa
A carreira comezará a rodar o xoves ás 12:00 horas cunha tirada de 157 quilómetros con inicio e final no Concello de Poio. Á altura do km 10, en Samieira, disputarase a primeira Meta Volante da Volta no arranque dunha xornada que promete emocións fortes. O percorrido atravesará os concellos de Ribadumia e Cuntis camiño da ascensión coñecida como o ‘Mini Tour’, porto de 3ª categoría.
Unha vez superado o ecuador da etapa, transitarase por Catoira, Vilagarcía (onde estará situada a segunda Meta Volante), e Meaño antes de afrontar as ramplas de A Escusa, unha subida de 1ª categoría que se coroa a 18 km da chegada. Logo dun vertixinoso descenso o desenlace da xornada está previsto ao redor das 16:00 horas nas inmediacións do Mosteiro de San Xoán de Poio.
O venres a caravana da Volta trasladarase á provincia de Lugo para vivir na localidade de Taboada a tirada máis longa (163 km), o sábado chegará a quenda da etapa raíña na estación de montaña ourensá de Manzaneda (114 km) e o domingo a carreira regresará a territorio pontevedrés para coroar en Ponteareas, tras 125 km, aos gañadores finais. En total, os ciclistas ascenderán dez portos de montaña e innumerables costas en catro días de competición.
Os 126 participantes pugnarán pola camisola amarela de líder da xeral patrocinada pola Xunta de Galicia, o maillot branco a puntos vermellos (Toyota Compostela Móvil) da clasificación da Montaña e o verde (Deputación de Lugo) das Metas Volantes. Tamén se porán en xogo o branco (B The Travel Brand) reservado aos corredores Sub23 e o azul (Concello de Ponteareas) para o mellor galego. O treito final das etapas poderá seguirse en directo a través da retransmisión streaming que ofrecerá a canle de YouTube de Emesports e toda a información sobre a Volta está dispoñible na súa web oficial www.voltagalicia.com

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186