PROVINCIA
A feira Sedexpo 2022 promociona en Unvex a súa proposta única: seguridade, defensa e emerxencias
DENDE HOXE ATA O VINDEIRO VERNES ESTARÁ PRESENTE NA ÁREA EXPOSITIVA DESTE EVENTO, O MAIOR DE DRONS DO ANO EN ESPAÑA E QUE TEN LUGAR EN SEVILLA
A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, segue promocionando a súa primeira edición, a cal se celebrará do 17 ao 19 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.
Así, dende hoxe e ata o vindeiro venres está presente en Unvex, o maior evento de drons do ano en España, o cal ten lugar en Sevilla.
Ademais de dispoñer dun espazo expositivo na feira, tamén se trasladou á capital andaluza un equipo comercial encabezado polo seu director, Ricardo Durán, para dar a coñecer Sedexpo 2022. Unha cita que a Feira Internacional de Galicia ABANCA, entidade que depende da Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia, organiza co apoio da Vicepresidencia Primeira da Xunta, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ademais da colaboración doutra vintena de entidades entre as que se atopan os ministerios de Defensa e Interior.
Sedexpo 2022, na cal xa confirmaron a súa presenza empresas líderes no sector, acode a este certame co obxectivo de seguir sumando expositores e intercambiar experiencias para crear un gran escaparate da industria de seguridade, defensa e emerxencias, ademais dun magnífico foro de coñecemento a través de xornadas técnicas de primeiro nivel, exhibicións, simulacros, talleres formativos ou entrega de distincións.
Será así un magnífico espazo para a interacción e o negocio. E para iso contará coa mellor localización posible, a Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), un recinto con gran versatilidade que ofrece unha gran diversidade de espazos para todo tipo de actividades, tamén demostracións dinámicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91