Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 15 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

O arqueiro Xes Argüelles eríxese de novo Subcampión de España

Forma parte do Archers Team de Mos e o pasado xullo proclamouse Subcampión de España na modalidade de aire libre, categoría arco composto cadete

O pasado 30 de xullo, o arqueiro do club tiro con arco Archers Team de Mos, Xes Argüelles, proclamouse Subcampión de España na modalidade de aire libre, categoría arco composto cadete, motivo polo cal foi recibido onte pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a Corporación Municipal mosense, no salón de sesións do Concello, para felicitalo polo seu éxito.

 

Esta nova prata para Xes acadouna no Campionato de España Iberdrola de Tiro con Arco sobre diana ao Aire Libre 2021-2022 que se disputou no Complexo Deportivo Zona Sur da Universidade Complutense de Madrid.

 

Xes xa se proclamara Subcampión no Campionato de España de Arco Composto en Sala. Obtendo a medalla de prata na modalidade de arco composto Categoría Sub-18 o pasado febreiro en Marina D’Or. E en 2020 Xes Argüelles xa se erixira Campión de España nesta mesma modalidade pero en Categoría Sub-14.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.