GALICIA
Nova ferramenta para notificar incidencias de accesibilidade nas contornas
Desenvolvida por COCEMFE e Fundación Vodafone España, `AccesibilidApp’ é unha ferramenta gratuíta, aberta á participación cidadá e está dispoñible para telefonía Android e iOS
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) únese á Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) na conmemoración da Semana Europea da Mobilidade para promover a recollida de incidencias de accesibilidade mediante o uso da aplicación móbil ‘AccesibilidApp’.
Durante a Semana Europea da Mobilidade que se celebra do 16 ao 22 de setembro, dende o movemento asociativo da discapacidade queremos animar á xente a que recolla incidencias a través da ferramenta tecnolóxica `AccesibilidApp´, co fin de que as nosas vilas e cidades sexan máis habitables, seguras e sostibles para a cidadanía.
Dende COGAMI preténdese implicar a toda a sociedade na recollida de incidencias coa aplicación ‘AccesibilidApp’, ferramenta de participación cidadá, desenvolvida por COCEMFE e Fundación Vodafone España, que resulta gratuíta e aberta, que permite recoller as incidencias en accesibilidade que se vaian atopando cando se deambula polas rúas. Na aplicación pódense incluír imaxes da incidencia e a súa localización.
Neste aplicativo, que se pode descargar e instalar en calquera dispositivo móbil como xa fixeron as 2.717 persoas rexistradas, chegaron a recollerse un total de 750 incidencias dende a súa posta en marcha no ano 2019, das que 418 foron recollidas durante este ano.
Durante este ano recolléronse 418 incidencias que serán trasladadas por COGAMI aos organismos competentes para solicitar a súa mellora
Os vaos para cruzar a beirarrúa que moitas veces teñen chanzos que imposibilitan o paso a persoas usuarias de cadeiras de rodas, os problemas de pavimentos en mal estado, beirarrúas demasiado estreitas que impiden o acceso dunha persoa con mobilidade reducida ou deficiencias na sinalización táctil, foron algunhas das temáticas das incidencias máis repetidas ao longo deste ano.
Todas estas incidencias recollidas a través do aplicativo, dende COGAMI son analizadas e trasladadas aos organismos competentes para poñelas no seu coñecemento, co fin de solicitar a súa corrección na maior brevidade de tempo. Dende a Confederación xa foron trasladadas, comunicadas e tratadas 481 destas incidencias a concellos como o de Lugo, Santiago, Cambados e Silleda.
Na medida en que os transportes, contornas e servizos sexan accesibles a todas as persoas, as comunidades serán máis inclusivas, seguras e saudables para toda a cidadanía, reducindo as desigualdades. Para isto, dende COGAMI e COCEMFE quérese implicar a toda a sociedade na recollida de incidencias con ‘AccesibilidApp’ relacionadas coa falta de seguridade e accesibilidade na contorna e no acceso aos recursos sociosanitarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186