GALICIA
A Xunta pon en marcha o certame escolar I-Comercio
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, presentaron fai uns días no IES Otero Pedraio de Ourense este concurso creativo dirixido ao estudantado de segundo ciclo da ESO
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, presentaron no IES Ramón Otero Pedraio de Ourense o novo certame escolar I-Comercio. Idea o teu comercio.
Tal e como sinalaron, trátase dun concurso creativo que busca achegar aos máis novos ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneira e innovadora, que contribúa o desenvolvemento da súa contorna, ao tempo que se respecta o medio ambiente, cun obxectivo claro: concienciación e visibilidade do comercio local.
Cada centro participante estará representado por un equipo de entre 4 a 8 alumnos, que deberán traballar nunha idea de comercio local baseado na sostibilidade, a innovación e a dixitalización
A iniciativa está dirixida ao alumnado de segundo ciclo da ESO (3º e 4º) de todos os IES públicos da Comunidade galega. Cada centro educativo deberá escoller un único proxecto que o represente. O alumnado participante, baixo a supervisión do seu titor ou titora, deberá traballar nunha idea de comercio local que cumpra cos seguintes piares: sostibilidade, innovación e dixitalización, en grupos de traballo de entre 4 e 8 integrantes. Os traballos poden desenvolverse nas diferentes categorías: alimentación e artigos de primeira necesidade; arte, cultura, entretemento, tecnoloxía e innovación; e téxtil e complementos, fogar, bricolaxe e xardín.
O prazo de inscrición dos traballos, que poderán presentarse en diferentes formatos, remata o vindeiro 21 de setembro, e os traballos deberán enviarse antes do 18 de novembro. Toda a información está dispoñible no enderezo web i-comercio.gal. Un xurado profesional, escollerá entre todos os participantes tres gañadores, por cada unha das categorías, entregándose un total de nove premios, que consisten nunha pantalla táctil para a aula.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186