SALCEDA DE CASELAS
Salceda rehabilita a Casa de Fontán para vivenda de aluguer social
A corporación municipal de Salceda de Caselas aprobou por unanimidade na sesión do pleno ordinario o proxecto da Rehabilitación da vivenda municipal en Fontán para destinala ao uso de aluguer social.
Este proxecto desenvolvido e impulsado dende a Concellería de Benestar Social e dende alcaldía ten como finalidade cumprir con dous obxectivos fundamentais, rehabilitar os inmobles de titularidade municipal, poñéndoos en valor e ao mesmo tempo destinalos para un uso social.
A rehabilitación da casa de Fontán será de carácter integral coa finalidade de cumprir con todos os requisitos de habitabilidade, acesibilidade e eficiencia enerxética para dotar a vivenda da maior calidade habitacional.
O orzamento de reforma integral da vivenda ascenderá a 80.565,71 euros(IVE incluído), dos cales a Xunta de Galicia aportará 40.000 euros e o concello 40.565,71 euros.
A execución das obras se realizará durante os anos 2022 e 2023 de forma bianual, tal e como marca a orde de subvención que financia parcialmente esta actuación.
Ángela Ledo Souto concelleira de Benestar Social explicaba a importancia do proxeto “porque coa aprobación deste proxecto, poderemos garantir unha mínima oferta de aluguer social que con anterioridade non estaba dispoñible e que contamos poder seguir ampliando no futuro”.
Verónica Tourón alcaldesa resaltaba “o compromiso social do noso goberno para coa cidadanía de Salceda, ademais de aproveitar os recursos, rehabilitando instalacións municipais para poñelas ao servizo da veciñanza”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11