Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 19 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

20 mulleres fórmanse en Mos para reducir as fendas dixital e de xénero

‘Galegas Dixitais’ está financiado polos Fondos europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia; e supón unha gran oportunidade para que as mulleres en situación de desemprego adquiran competencias dixitais para a súa empregabilidade e para o emprendemento

A concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, visitou esta mañá ás 20 alumnas que comezaban nas aulas da Axencia de Colocación de Mos a acción formativa enmarcada no programa ‘Galegas Dixitais’.


Hoxe inciuose o curso ‘Galegas Dixitais’, no que participan 20 mulleres en situación de desemprego. Unha oportunidade única para que as mulleres, a través dunha formación gratuíta, adquiran as competencias dixitais necesarias para o seu día a día, para a súa empregabilidade e para o emprendemento.

 

O programa, está organizado por Beproject Consultores e Ara Formación, e ten como principal obxectivo mellorar as capacidade dixitais de mulleres, favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero. Está financiado polos Fondos europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

 

Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, as alumnas participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil, co que poderán por en práctica todo o aprendido.

 

Esta é a primeira das 3 accións formativas deste programa que están previstas na Axencia De Colocación De Mos, polo que as interesadas en inscribirse nas vindeiras poden chamar ao teléfono 986 487786 ou escribir ao correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.