Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Xornal21.es
Viernes, 23 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación celebra no Día Mundial do Turismo o Foro Turistic,

O evento reúne o día 27 de setembro no Auditorio Mar de Vigo a personalidades do turismo e das novas tecnoloxías para abordar o presente e o futuro do sector

A Deputación de Pontevedra celebrará o vindeiro día 27 de setembro o Día Mundial do Turismo cunha nova edición de TurisTIC, o foro de referencia para o sector en Galicia, que contará coa presenza do secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, ademais de once personalidades do mundo da enogastronomía, o turismo natural e cultural, as novas tecnoloxías aplicadas ás experiencias turísticas ou os aloxamentos. O foro celebrarase nesta ocasión en Vigo, cidade elixida polo Goberno central para conmemorar a data internacional, segundo salientou a presidenta Carmela Silva nunha comparecencia xunto ao alcalde Abel Caballero.

 

Carmela Silva remarcou o gran momento que está a vivir o turismo na provincia. “O destino Rías Baixas é o puntal turístico de Galicia”, resumiu, para lembrar que as pernoctacións no conxunto da provincia foron históricas este verán, cun 91% de ocupación e crecemento en todas as comarcas. “Os datos son estratosféricos”, celebrou a presidenta, que lembrou que “o destino Rías Baixas-Pontevedra Provincia é a gran referencia do turismo en Galicia e dos primeiros do Estado”. A máxima responsable da Deputación explicou que “o Día Mundial do Turismo estaremos en Vigo para celebrar este sector tan importante que significa o 11% do PIB galego”, e remarcou: “Somos un modelo turístico que moitos outros seguen para implantar nas súas cidades e provincias”.

 

A máxima responsable da institución provincial destacou a calidade do programa de TurisTIC e anotou que “alí falarase de propostas e do turismo do presente e do futuro”. Carmela Silva indicou que o foro diríxese especialmente ao sector, ás administracións públicas e a medios especializados en turismo, se ben tamén está aberto a toda a cidadanía. O evento será retransmitido en streaming nas canles da Deputación de Pontevedra e as persoas interesadas en asistir presencialmente poden inscribirse na web de SmartPeme.

 

 

 

 

Carmela Silva: “Rías Baixas é o puntal turístico de Galicia, con datos estratosféricos este verán, e en TurisTIC abordaremos o presente e o futuro do sector”

 

 

 


“Do KM cero ao metaverso”
Este quinto TurisTIC leva por título “Do KM cero ao metaverso” e o programa desenvólvese a través de dúas mesas redondas e un relatorio, todos eles con grandes poñentes. A primeira mesa versará sobre “A realidade do novo turista”. Estará moderada por Lorena Varela, xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, e participarán Erich Eichstetter, responsable de transformación dixital do Basque Culinary Center; Rafa Centeno, chef do restaurante Maruja Limón, con unha estrela Michelin; Mar Rodríguez, xerente da axencia especializada en turismo natural, activo e cultural Tee Travel; e Mónica Crisóstomo, CEO de Ideas Peregrinas, albergue de Tui e tenda de produtos en torno ao Camiño Portugués.

 

O relatorio posterior leva por título “O turismo de proximidade: posicionarse nun mercado en plena revolución” e será impartido por Sara Sánchez Remacha, CEO de Rusticae, club e portal de reservas de hoteis e apartamentos con encanto e casas de turismo rural consolidado como unha marca de prestixio neste campo.

 

A segunda mesa redonda abordará o “Metaverso, o futuro máis próximo do turismo”, e estará moderada por Beatriz Heras, responsable de transformación dixital de ITH (Instituto Tecnológico Hotelero). Participarán nesta mesa Xoel Vázquez, cofundador e director executivo de Xoia Software, empresa que crea experiencias inmersivas a través de Realidade Aumentada; Laura Rodríguez, Sales Manager de HotelVerse, empresa que cambia o paradigma de reservas hoteleiras cun sistema que permite ao usuario explorar de forma inmersiva os establecementos; Lorena Rosende, CEO e cofundadora de Merasys, especializada en solucións baseadas na Intelixencia Artificial; e Vicky Vasán , cofundadora de Inmersiva XR, un ecosistema para persoas interesadas na Realidade Extendida.

 

Ao rematar a xornada celebrarase un xantar networking e as persoas participantes farán un percorrido pola ruta de arte urbano de Vigo. “Non podemos rematar sen unha visita pola cidade para coñecer as medianeiras. É a cidade máis importante de Europa en número e calidade de medianeiras porque aquí pintaron os e as mellores representantes do muralismo do mundo”, concluíu Carmela Silva.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.