GALICIA
A Xunta aclara a posibilidade de división horizontal das edificacións existentes no solo rústico
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo preside a xuntanza mensual da Comisión Permanente da Xunta consultiva de urbanismo
A Xunta de Galicia aclara nunha circular que as edificacións existentes no solo rústico poden dividirse en propiedades independentes. Esta aclaración enmárcase na aposta do Goberno galego pola rehabilitación e o patrimonio construído e responde ás numerosas consultas recibidas sobre esta cuestión.
A Comisión Permanente da Xunta consultiva en materia de ordenación do territorio e urbanismo informou favorablemente esta semana sobre a circular adoptada pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en colaboración co Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia e co Colexio Notarial de Galicia, na que se explica a posibilidade de constituír un réxime de propiedade horizontal nas edificacións existentes no solo rústico.
Polo tanto, permite que as diferentes partes dun inmoble poidan ser propiedades independentes, pero mantendo sempre a unidade da finca xa que a división e segregación de parcelas en solo rústico está prohibida. Deste xeito, o predio non perderá a súa condición de parcela única para calquera acto de nova construción ou reforma da construción existente.
Nestas parcelas a normativa vixente permite establecer un réxime especial, no que as diferentes plantas dun inmoble sexan propiedades independentes, pero sen que en ningún caso implique a segregación da parcela
Esta aclaración resulta especialmente importante para actuacións promovidas polos concellos para implantar varias vivendas de protección oficial nunha edificación existente no solo rústico. É o caso, por exemplo, da posible rehabilitación das antigas escolas unitarias, que actualmente están en desuso, e que se pretende recuperar dotándoas de uso residencial.
Ademais, tamén dá resposta a outros supostos como a venda dunha das plantas dunha vivenda xa existente tanto para uso residencial como para a implantación dunha actividade económica.
Esta foi a primeira xuntanza da Comisión Permanente da Xunta Consultiva, logo da constitución do dito órgano consultivo o pasado 29 de xullo, mediante a celebración do seu primeiro Pleno, co obxectivo de dinamizar os trámites administrativos dos concellos en base á simplificación e á eficacia, e no que se informaron favorablemente os Plans Básicos Municipais dos concellos de Trabada e Riotorto, xa aprobados definitivamente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Esta Comisión, que se convocará mensualmente e que está integrada por persoal tanto da administración autonómica como da local, será a encargada do asesoramento e a emisión de informes sobre a interpretación da normativa vixente en materia de ordenación do territorio e urbanismo que lle formulen dende a propia administración autonómica e tamén dos concellos, colexios profesionais e organizacións empresariais afectadas pola ordenación territorial e urbanísticas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186