Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 22:35:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 22 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Os participantes no Congreso Internacional Norte de Portugal - Galicia visitarán Tui

Este xoves pola tarde as persoas participantes no 22º Congreso Internacional de Formación para o traballo Norte de Portugal – Galicia realizarán unha visita cultural á cidade de Tui na que percorreran a Catedral de Tui, xunto a un paseo polo conxunto histórico tudense. O Congreso celébrase este xoves 22 e venres na Escola Superior de Ciencias Empresariais -IPVC de Valença.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece tanto a celebración deste congreso no ámbito da Eurocidade Tui – Valença comas as achegas que neste tema do emprego e formación poidan presentar dende estas xornadas de traballo. Tamén amosa o seu agradecemento á organización do Congreso por programar esta visita cultural á nosa cidade que posibilita un achegamento dos e das asistentes ao rico patrimonio cultural que atesoura Tui.
Os Congresos Internacionais de Formación para o Traballo contan xa con dúas décadas de existencia e resultaron do traballo conxunto entre os servizos públicos de emprego e formación do Norte de Portugal e Galicia (IEFP e Xunta de Galicia) e Universidades (Porto e de Santiago de Compostela).


O 22º Congreso Internacional de Formación para o Traballo - Norte de Portugal/Galiza  titulado “(Des)continuidade no tempo, nos modos, no traballo, na formación, na orientación” céntrase precisamente na (re)lectura deste momento de (des)continuidades: como nos (re)situamos fronte ás novas faces do traballo, da formación e da orientación tras a pandemia da Covid e os procesos socio-económicos en curso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.