Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:17:03 horas

Xornal21.es
Sábado, 24 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán porá en valor 8 dos seus petroglifos máis representativos

Trátase dalgúns dos gravados máis notables e mellor conservados de Camos, Chandebrito, Priegue, Panxón e Parada. O obxectivo é realizar traballos de limpeza, restauración, desbroce, obtención de calcos dixitais 3D e sinalización dos petroglifos

O Concello de Nigrán dará un paso máis na posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico divulgando oito dos seus petroglifos máis notables. Con este obxectivo investirá preto de 10.000 € na restauración, desbroce, realización de calco 3D e sinalización dalgúns dos gravados máis notables e mellor conservados do municipio, concretamente son: o de Chan de Rapadouro e Rabete (Chandebrito); Monte Eiró (Parada); Penisas Pequenas e do Duque (Panxón); Currelo, Outeiro Grande ou Requeixadas (Priegue) e Piñeiros (Camos). Todos eles están sen sinalizar (agás o do Monte Eiró, pero o panel se atopa en mol mai estado) e precisan da súa limpeza e restauración.

 

"Queremos amosar a riqueza arqueolóxica que ten Nigrán ao tempo que preservamos os xacementos. Ademais, os 8 sumaranse as rutas de sendeirismo que establecemos no 2018 ampliando así as posibilidades turísticas do municipio e dándolle un pulo non estacional", sinala o alcalde, Juan González, sobre estes gravados nos que se aprecian a simple vista cazoletas, círculos concéntricos e muíños naviculares.

 

 

 

 

"Queremos amosar a riqueza arqueolóxica que ten Nigrán ao tempo que se preservan os xacementos. Ademais, sumaranse as rutas de sendeirismo que establecemos no 2018 ampliando as posibilidades turísticas do municipio e dándolle un pulo non estacional", sinala o alcalde, Juan González

 

 

 

 

Concretamente, o proxecto consistirá na limpeza e acondicionamento destes elementos (a día de hoxe cubertos de vexetación e os soportes con bastantes liques e musgo), rexistro fotogramétrico dos mesmos e calco dixital 3D e, finalmente, sinalización específica que os integre a todos dentro dun mesmo percorrido a través dun código QR de localización, con sinalización adicional de frechas direccionais desde as estradas máis próximas. “Obviamente, nos paneis informativos aproveitaremos para divulgar outros elementos patrimoniais de interese próximos, como podería ser a mámoa das Requeixas en Priegue”, subliña o rexedor.

 

Esta actuación do Concello de Nigrán, que arrancará este mes de setembro, reforzará as tres rutas de sendeirismo divulgativas establecidas no 2018 nas zonas de Panxón-Monteferro, Outeiro Grande (Priegue/Camos) e Chandebrito, xa que os petroglifos pasarán a formar parte activa dos atractivos destes roteiros. “Esas tres rutas naceron precisamente grazas á catalogación arqueolóxica que levamos a cabo no 2017 e na que se descubriron dez importantes achados prehistóricos, todos eles petroglifos que estaban sen documentar”, engade González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.