Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 22 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

En marcha unha nova edición do programa DEPOrte Escolas

Gorka Gómez: “Este programa busca afianzar os valores dos nenos e nenas desde a base para a práctica de actividade deportiva, da igualdade e o fomento dos hábitos saudables”

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha unha nova edición do programa DEPOrte Escolas, que desenvolve coas federacións deportivas e que busca “afianzar os valores dos nenos e nenas desde a base para a práctica de actividade deportiva, a igualdade e o fomento dos hábitos saudables”, como explicou o deputado de Deportes, Gorka Gómez. Concretamente, hoxe ábrense as inscricións, que se poderán formalizar ata o vindeiro 30 de setembro.

 

As DEPOrte Escolas, que este ano contan cun orzamento total de 340.000 €, desenvólvense no presente curso en 32 concellos diferentes. En total, son 146 escolas deportivas, nas que nenos e nenas de entre 6 e 14 anos poderán inscribirse en oito modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, piragüismo, rugby e taekwondo, sendo o balonmán a máis numerosa, con preto de 100 escolas dedicadas a este deporte, seguido do judo e a loita. Este ano o obxectivo da Deputación é “reforzar as escolas deportivas de cara ao futuro e recuperar os nenos e nenas inscritos antes da pandemia”, asegurou o deputado.

 

O programa DEPOrte Escolas funciona coa colaboración das federacións deportivas, que reciben a subvención da Deputación e, a cambio, son as que se ocupan de prestar a actividade cos seus correspondentes monitores. “Quero agradecer ás federacións o enorme esforzo que fan por fomentar o deporte”, asegurou Gorka Gómez, que lembrou ademais que este programa está encadrado dentro da Axenda 2030, xa que encaixa perfectamente nos valores que marcan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. “O deporte é a revolución do século XXI e non hai nada máis igualitario que repartir escolas por todos os concellos”.

 

As escolas deportivas realízanse entre outubro e marzo, coa excepción de piragüismo, que, por motivos meteorolóxicos, comeza en marzo e finaliza en setembro. As inscricións realízanse directamente coas Federacións Deportivas, polo que Gorka Gómez animou ás familias a poñerse en contacto con elas, se ben a información está dispoñible tanto nos concellos como na propia web da Deputación. Unha vez realizada a inscrición, será tamén a propia federación a que confirme ás familias a mesma, así como os horarios e lugares nos que se celebrará a actividade.

 

Patinaxe

As escolas deportivas de patinaxe terán un funcionamento diferente este ano, ao renunciar a Federación de Patinaxe a seguir organizándoa por motivos internos. Por iso, a Deputación convocou unha xuntanza cos concellos afectados (Gondomar, Valga, A Guarda, Forcarei, Moraña, pazos de Borbén, Ribadumia e Tomiño) para informarlles “e buscar unha solución conxunta”. Finalmente, acordouse que as xestionasen eles directamente, recibindo a subvención provincial que ata o de agora recibía a Federación. “Sabiamos que era unha disciplina moi demandada, polo que había que buscar unha solución o máis rápido posible para dar ese servizo. Os 61 concellos desta provincia saben que teñen un aliado na Deputación de Pontevedra, e o seu retorno coa proposta foi moi positiva”, asegurou Gorka Gómez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.