Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

“Stop and help! chega a praia de Camposancos

A praia Camposancos, no concello de A Guarda, foi o lugar elixido polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia para levar a cabo este mércores, en colaboración co mencionado concello, a segunda das limpezas de lixo mariño dentro do seu programa “Stop and help!, que o lixo non chegue ao mar”.

 

O colectivo de persoas voluntarias invitadas a esta segunda actuación de limpeza, entre as que se atopaban as peregrinas e peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa, e diversas asociacións e colectivos do terceiro sector como ANABAM, a Asociación de Saúde Mental Avelaíña, o Consello Climático Xuvenil de A Guarda, Cruz Roja Baixo Miño ou a Asociación San Xerome Emiliani, foi quen de retirar preto de 20 quilos de refugallos deste fermoso areal guardés, fundamentalmente obxectos plásticos de orixe continental como restos de envoltorios e outros envases, bastonciños de limpar os oídos (184), palos plásticos de lambetadas, canos de beber, tapóns (135), cabichas (111), botes e botellas (44), obxectos de hixiene, mascariñas, chisqueiros (7), ademáis doutra serie de aparellos extraviados no mar durante o exercicio da actividade pesqueira, como as pequenas marañas de sedelas, cabos e cabiños (20), pequenos anacos escumas sintéticas (123), tarugos de batea, etc.

 

Entre os obxectos máis curiosos, atopáronse un chupete, unha aleta e unhas gafas de mergullo, unha pistola de xoguete, o plástico dun alcoholímetro, varios aparellos plásticos para cravar as sombrillas na area, unha xeringa, un bolígrafo, ou un gran tubo de PVC, por citar ton só algúns.

 

Xunto coas propias actuacións de limpeza e como complemento ás mesmas, entregáronse ás peregrinas e peregrinos que pasaban pola zona, pequenos planfletos cunha serie de boas prácticas ambientais para levar a cabo no Camiño, como evitar na medida do posible os envases dun só uso, xestionar os residuos de xeito responsable, non verter residuos ou xabóns en fontes ou ríos, non apilar pedras, etc.

 

Segundo indican desde o COBGA, o obxectivo perseguido con todas estas actuacións de limpeza non é outro que fomentar a conservación do patrimonio natural do Camiño, e para elo, unha vez rematadas as diferentes operacións de retirada de residuos, a finais do mes de outubro realizarase unha obra artística final dirixida por reputadas persoalidades do mundo da arte Galega como Carme Hermo e Antón Sobral, na que empregarán diferentes obxectos recuperados nas limpezas, para ser exposta no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia na cidade de Vigo, coa finalidade de servir de memoria viva na loita contra os lixos mariños e as súas nefastas consecuencias sobre o medio ambiente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.