Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Mos remata o Plan Municipal de Asfaltados deste ano

A administración local mosense financiou con fondos propios un total de 17 asfaldados

Co remate do asfaltado do Camiño da Coviña en Petelos, queda finalizado o último vial do Plan Municipal de Asfaltados deste ano. Ata o devandito vial desprazáronse esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto.

 

A administración local mosense financia con fondos propios o total de 17 asfaldados que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros. Os traballos comezaron a principios do verán e remataron agora neste Camiño da Coviña en Petelos.

 

Para levar a cabo este Plan anual, o Concello de Mos licitou un contrato de obras, que se financia con fondos propios da administración local mosense e ascende a preto de 400.000 euros. O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022, mellorou mediante a reposición do firme, camiños municipais de todas as 10 parroquias mosenses.

 

O Concello de Mos optimizou a seguridade no seu viario municipal con 17 asfaltados que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.

 

Hoxe no Camiño da Coviña a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto declararon que “o Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local”.

 

O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022, mellora a seguridade viaria, mediante a reposición do firme, en 17 camiños municipais de todas as 10 parroquias mosenses, que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.

 

O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoveron estes 17 asfaltados no termo municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.