Galicia
A Xunta apoiará as candidaturas galegas a sedes do Mundial 2030
O Consello da Xunta ven de aprobar o acordo polo que o Goberno galego manifesta o interese da comunidade en poder albergar partidos da Copa do Mundo de 2030 para o caso de que España e Portugal fosen designadas sedes da dita competición e declara o seu compromiso e apoio ás candidaturas galegas
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, sinalou que o Consello da Xunta aprobou o acordo mediante o que se declara o apoio do Goberno galego ás candidaturas galegas a sede do Mundial 2030. Deste xeito, a Xunta manifesta a súa vontade de cumprir, no marco das súas competencias e da dispoñibilidade orzamentaria, cos requisitos fixados pola Federación Internacional de Fútbol (FIFA) para o desenvolvemento do campionato. Así, comprométese a colaborar co seu comité organizador no caso de que a candidatura conxunta de España e Portugal sexa designada finalmente como sede desta competición e algún dos dous estadios galegos postulados -Riazor na Coruña e Balaídos en Vigo- sexan escollidos para disputar encontros do torneo.
Cómpre aclarar que o pasado xuño España, xunto con Portugal, presentou a súa candidatura para albergar este Mundial e sumarse ao proceso de definición de sedes e subsedes. No marco desta candidatura ibérica, coñéceronse, tamén o pasado mes de xullo, os 15 estadios españois que se postulan como posibles sedes do torneos, entre eles, no caso de Galicia, o de Riazor, na Coruña e o de Balaídos, en Vigo.
Nese mesmo mes o Goberno central, a través do Ministerio de Cultura e Deporte, trasladara ás comunidades o borrador dos requisitos da FIFA para que os estadios puidesen acoller o evento. Nesta liña, a Vicepresidencia Segunda da Xunta, ademais de trasladar a información ás entidades locais titulares dos estadios de Riazor e Balaídos para optar como posibles sedes ou subsedes, solicitou á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) a importancia de flexibilizar os requisitos. Así, segundo explicou o líder do Executivo autonómico, “a comunidade traballará para cumprir con todos os requisitos que estableza a FIFA, na parte que nos corresponda, e colaborará co Comité Organizador da Copa do Mundo para desenvolvelos, así como cos dous concellos titulares das instalacións, a Xunta colaborará dentro das súas responsabiliades orzamentarias”.
Aínda non se recoñecen os requisitos oficiais e definitivos que establece a FIFA para ser sede do torneo, pero tendo en conta os que debían de cumprir todos os estadios para optar a ser sede no Mundial de 2026, estes estadios deberán afrontar importantes reformas loxísticas e económicas, constituíndo un gran reto para as entidades locais titulares dos estadios o cumprimento dos requisitos exixidos. Ambos os dous estadios son de titularidade municipal, pero “o Goberno galego acordou no Consello da Xunta a manifestación do seu interese para acoller este evento”, expresou o presidente da Xunta en rolda de prensa.
A Xunta é consciente do gran reto organizativo que supón acoller un evento desta envergadura, polo que a designación dunha sede en Galicia suporía un fito destacado para a comunidade a nivel tanto deportivo como turístico e económico. Por iso, o Goberno galego xa ten trasladado á RFEF a máxima colaboración na organización do campionato no caso de que algunha das candidaturas galegas sexa escollida como sede de partidos do campionato.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186